Videoteca
25N
O vindeiro mércores 25 durante o segundo recreo (13:00h) o alumnado, profesorado e ANPA realizaremos un acto de apoio e solidariedade coas familias das 48 mulleres asasinadas este ano, así como para amosar o noso profundo rexeitamento ante calquera tipo de violencia machista.
Este acto realizarase no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25-N.
Agardamos a vosa presencia e vos animamos a que acudades ao centro cunha prenda de cor morada. Gracias
Vídeo realizado co alumnado do IES Mestre Landín baixo a coordinación da profesora Patricia Díaz González. |
Manifesto aprobado polo pleno municipal do Concello de Marín
|
Entrega de Premios do V Concurso do Parlamento de Galicia "En busca da Igualdade"
O IES Mestre Landín está de noraboa. O alumnado de 2º ESO A acaba de gañar o primeiro premio de educación secundaria no V Concurso Escolar do Parlamento de Galicia “En busca da Igualdade” na modalidade de expresión creativa audiovisual. O traballo que resultou gañador foi “Estereotipos asociados ao xénero”, con idea orixinal e guión dos alumnos/as Rodney Junior Ferreira, Paula Pastoriza, Avelino Portela e Carla Ríos, e coordinado pola profesora Patricia Díaz González.
____
Semana das Mates
A "VII Semana das Mates" rematou. O vindeiro curso máis ...
GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO MESTRE LANDÍN POLA PARTICIPACIÓN E O TRABALLO REALIZADO!!!
CLICA AQUÍ PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN.
Día dos Dereitos Humanos #Yodefiendo
Vídeo realizado polo alumnado de 2º ESO B para a campaña #Yodefiendo Los Derechos Humanos divulgada desde www.xuventude.net, en relación cos contidos do Proxecto de Igualdade que están traballando en clase. Nos DDHH fálase de persoas, e non de homes ou mulleres. No vídeo trátase a Declaración sobre a Eliminación da Discriminación Contra a Muller, que é unha declaración de DDHH aprobada pola ONU.
Sumar levando
Despois de varios meses de espera aquí está o vídeo definitivo do lipdub. Unha vez máis, queremos expresar o noso agradecemento a todo o alumnado e persoal docente e non docente do centro por ter colaborado nesta tarefa tan apaixonante. Sen vós non sería posible.
POIS CLARO QUE PODEMOS!!