Taboleiro

Información Eleccións dos representantes ao Consello Escolar

Dacordo coa Resolución do 10 de setembreo de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 18 do 09), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar nos distintos sectores:

  • Sector de alumnado - elixiranse 3 representantes.
  • Sector de nais, pais e responsables do alumnado - elixirase 3 representante.
  • Sector de persoal de administración e servizos - elixirase 1 representante.
  • Sector de profesorado - elixiranse 4 representantes.

As convocatorias das eleccións de cada sector poden consultarse nos arquivos adxuntos a esta publicación.

 

 

O Censo correspondente a cada sector estará exposto no taboleiro de anuncios do Centro a partir do día 29 de outubro de 2024. As reclamacións ao referido Censo realizarase mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral ata as 14 horas do día 8 de novembro de 2024.

 

 

As persoas que desexen presentar a súa candidatura oficial deberán segundo o modelo que se facilitará na Administración do Centro. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14 horas do luns 11 de novembro de 2024.

 

O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público o día 12 de novembro de 2024 ás 13:05 horas na secretaría do Centro.

 

As votacións realizaranse no Centro o día 20 de novembro de 2024 

Votación responsables: (Debido ao baixo número de candidatos, modifícase a hora de votación: 13:30 - 15:15)

Votación alumnado:  9:30 - 14:00

Votación PAS: 11:00

Votación profesorado: Claustro Extraordinario

Programacións

Xa están dispoñibles na web do centro as Programacións didácticas das materias impartidas no IES Mestre Landín.

Podedes consultalas na ligazón da esquerda: Programacións dos departamentos, no apartado Lexislación de centro

Periodo de reclamacións

O periodo de reclamacións é o 27 e o 28 de xuño.

Os demandantes teñen á súa disposición modelos de reclamación na secretaría do centro.

Datas matrícula

Fotos fiesta

fotos

Información Admisión Formación Profesional

Xa está publicado o procedemento de admisión para aquel alumnado que desexe realizar estudos de Formación Profesional a partir do próximo curso académico 2024-2025. No caso do alumnado que titule ao rematar 4º de ESO, poderán solicitar praza nun ciclo formativo de grao medio.

Os seguintes enlaces conteñen a información sobre dito procedemento:

1. Instrucións xerais sobre a oferta ordinaria de ciclos de grao medio e ciclos de grao superior:

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10715

2. Calendario de admisión:

http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10716

3. Folletos informativos coa oferta formativa clasificados por familia profesional:

https://www.edu.xunta.gal/fp/folletos-informativos-mapa-oferta-fp

4. Informacion xeral sobre a FP:

https://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp

 
 
 
 
 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

 

DESTINATARIOS: Alumnado de 1º a 4º ESO- AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 21/5/2024 a 21/6/2024 (incluídos )

ENDEREZO APLICACIÓN INFORMÁTICA: : https://www.edu.xunta.gal/fondolibros

MODO DE PRESENTACIÓN:

• Electrónica: utilizando esta aplicación ( https://www.edu.xunta.gal/fondolibros ). A través da Sede Electrónica-Procedemento ED330B NOTA: na presentación electrónica deberá presentarse unha solicitude individual para cada un dos fillos

• Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexo I e Anexo II producidos e presénteos no centro.

• Presencial: utilice os Anexo IAnexo II da Orde da convocatoria.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

 

Calendario Fondolibros

Becas

Xa está aberto o prazo para solicitar as beces para o curso 2024-2025.

Tedes toda a información no seguinte enlace

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

 
 
 
 

Non hai palabras

Lazo negro de luto. vector de Stock | Adobe Stock

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

 

No Mestre Landín temos as portas abertas para ofrecerlles a todas as familias interesadas a posibilidade de coñecer in situ o noso proxecto educativo e as instalacións do instituto. O luns recibimos a visita do alumnado e as titoras de 6º do CEIP do Carballal quenes poideron asistir e participar en varias sesións lectivas ao longo da mañá. No vídeo que temos á dereita pódense observar algúns momentos da xornada.

O xoves 4 ás 20:00 horas están todos/as convidados a visitarnos e se non poden asistir non dubiden en concertar unha cita outro día.

__

MÁIS INFORMACIÓN

__

 

NOVAS

Todas as novas de interese e a información do noso instituto con tan só tres clics  

  

 

 

 

 

29 de Outubro: Unha xornada diferente

Estimadas familias:

Dende o IES MESTRE LANDIN queremos animar ás familias dos nosos alumnos e alumnas a participar nas cucañas do próximo día 29 de outubro.

Necesitariamos que nos fixeran chegar canto antes o seu interese en participar, para elaborar os grupos e as actividades para ese día.

Antes da entrega de premios tamén poderemos degustar o magosto preparado pola ANPA A RAÑA, coas castañas que vaia traendo o alumnado ó longo da próxima semana. Agradecémoslles  que as castañas veñan cun corte para facilitar a súa elaboración.

--->

O IES Mestre Landín deséxalles unhas moi felices festas.

Feliz Navidad

 

Eleccións ao Consello Escolar

Quen pode participar?

Como podo participar?

Como se organizan as eleccións?

Quen forma parte do Consello?

Calendario electoral

...

INFÓRMATE AQUÍ

 

Cucañas 2014

 

Tarxeta de inscripción

                  

Esto foi o que pasou na edición anterior das CUCAÑAS:

 

Bo Nadal!

O IES Mestre Landín deséxalles un bo Nadal e un próspero Aninovo. 

Carla Ríos Casalderrey

Postal da alumna Carla Ríos Casalderrey (1º A) premiada no

“III concurso de felicitacións de Nadal” de Galicia Bilingüe.  

PARABÉNS CARLA!!

Máis postais                     

Parabéns Irene!!!!

A alumna Irene Trabazo, de 4º de  ESO, campioa da Copa Federación cadete.

Irene Trabazo

Irene Trabazo cumpriu o pasado domingo cos pronósticos ao alzarse coa xeral da Copa Federación de ciclocrós na categoría cadete feminina. E fíxoo ao grande.  A corredora do Club Ciclista Marín só necesitaba un punto ... ler máis    e máis

Distribuir contido