Novas

Actividades de repaso. Verán 2016

As actividades que figuran a continuación teñen por obxectivo facilitarlle ao alumnado a preparación das materias suspensas durante o verán. Trátase de exercicios de realización voluntaria e NON AVALIABLE.

Para poder ver os arquivos das actividades debes descargalos primeiro no disco do teu ordenador.

Recórdase ademais que a nota na convocatoria extraordinaria de setembro é unicamente a obtida no exame.

Ácceso ás ACTIVIDADES

 

 

"Primaveras de seda"

Un grupo de alumn@s de 3º de PDC está novamente de noraboa este curso.

Lucía, Jorge, Ana e Alba, xunto coa súa titora Puerto, acaban de recibir a 1ª mención especial no "IV concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos" polo traballo estatístico "Primaveras de seda" levado a cabo con poboacións de vermes de seda. 

 

Este concurso foi convocado pola Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por  estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Traballo                    Máis fotos

 

   PARABÉNS E A SEGUIR TRABALLANDO ASÍ!!!!!

 

Actualizacións recentes

5-5-2014. Comeza a Semana das Matemáticas. Do 5 ao 9 de maio.

Acceso a toda a información

_

5-3-2014. VI Semana das Matemáticas 

Actualización das distintas actividades que se van realizando no centro relacionadas coa Semana das Matemáticas.

    - Xa podedes apuntarvos para o "VI concurso de Lóxica e Observación" na categoría de grupos (de 2 a 4 compoñentes de calquera curso).

 

13-2-2014. Alumnado coa materia pendente de cursos anteriores:

Nos taboleiros das aulas están publicadas as notas do exame parcial de pendentes realizado en xaneiro e as dos cadernos 1 e 2 de exercicios.

 

11-2-2014. A Programación didáctica do Departamento está á disposición de toda a comunidade educativa.

 

1-10-2013. Está actualizado o curso "Matemáticas pendentes de cursos anteriores"  da Aula Virtual do Centro con todos os datos relativos ao presente curso 2013-2014.

 

- Comezou o Materreto para 1º e 2º de ESO. 

 

VI Semana das Matemáticas

Comeza a Semana das Matemáticas. Do 5 ao 9 de maio.

Acceso a toda a información.

 

Rally matemático sen Fronteiras

___PRENSA

 

O grupo de alumnos/as de 3º PDC do noso centro acaba de gañar a fase centro do Rally matemático sen Fronteiras, clasificándose así para a gran final galega que terá lugar o vindeiro venres 28 na Facultade de Química en Santiago de Compostela. Competirán con outros dous grupos de alumnos/as do IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo) e do IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras).
Parabéns aos gañadores e á súa profesora Puerto. Ánimo e moita sorte o venres!!

 

X edición da Semana das Matemáticas de Vigo

O pasado xoves os alumnos e as alumnas de 1º ESO e de 3º PDC participaron nos obradoiros para alumn@s da X edición da Semana das Matemáticas de Vigo.

 

 

Gañadoras do Materreto de 1º ESO

Na área de Matemáticas e durante o presente curso, o alumnado de 1º ESO participou nun proxecto consistente na resolución, todos os mércores, dunha actividade lóxico-matemática á que denominamos "MATERRETO".

Despois de 24 mércores as alumnas gañadoras foron:

1º ESO A:   Virginia Estévez Suárez

1º ESO B:   Laura Varela Graña

O profesorado responsable da actividade desexa felicitar non só ás gañadoras senón tamén a todo o alumnado de 1º de ESO pola súa amplia participación e o entusiasmo mostrado durante todo o curso con esta actividade.

Laura e Virginia

Gañadores "V Concurso de Lóxica e Observación"

Os gañadores do "V Concurso de Lóxica e Observación" foron os seguintes: 

Categoría de grupos

     O premio quedou DESERTO xa que ningún dos grupos reuniu os requisitos mínimos para poder participar.

Categoría individual

       1º ESO: Virginia Estévez Suárez

       2º ESO: Miguel Méndez Requena

       3º ESO: Cristina Serrano Meis

       4º ESO: Sara Piñeiro Tenorio


Cadernos de exercicios de pendentes

Recórdase a todo o alumnado con materias pendentes que o día 12 de abril é a data límite para entregar o caderno 3 de actividades de recuperación.

¡Non o deixedes para o último día!

V Concurso de Lóxica e Observación

O departamento de Matemáticas do IES Mestre Landín organiza o "V Concurso de Lóxica e Observación" dirixido a todo o alumnado do centro.

Con esta actividade preténdese que os participantes desenvolvan a súa creatividade e imaxinación para observar e apreciar os múltiples aspectos do noso contorno que están relacionados co mundo das Matemáticas.

Na presente edición do concurso destacamos o seguinte:

- A participación na categoría de grupos é voluntaria e realizarase integramente a través da aula virtual do centro.

- Toda a comunidade educativa pode participar na proba de fotografía que este ano se centrará exclusivamente nas matmáticas na rúa e na natureza.

- Na proba de lóxica incluirase unha parte de "xogos" na que os participantes deberán demostrar a súa destreza en probas de memorización, habilidade e razoamento matemático.

Para saber máis sobre o noso concurso e estar ao día das novas, pincha na imaxe:


Distribuir contido