Semanas das Mates
VII Semana das Matemáticas: concursos de esopías e fotografía
Por sétimo ano consecutivo, o Departamento de Matemáticas está a organizar a "Semana das Matemáticas". Como tod@s sabedes, dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como o Día Escolar das Matemáticas. Por este motivo, no IES Mestre Landín, farémolas protagonistas durante a semana do 11 ao 15 de maio, na que se desenvolverán actividades organizadas polo propio departamento, pero tamén por outros departamentos do Centro. Dentro destas actividades haberá unha exposición de fotografía matemática e outra de esopías. É por iso que convocamos agora os seguintes concursos: - Concurso de fotografía matemática titulado "Xeometría alimentaria", en colaboración co Departamento de Educación Plástica e no que poderá participar todo o alumnado do Centro. - Concurso de "Esopías", en colaboración cos Departamentos de Francés, Inglés, Lingua Castelá e Lingua Galega; no que poderá participar toda a comunidade educativa do Centro.
Clicade na imaxe para acceder a toda a información. |
____ |
IMATXINA. Semana das matemáticas. Vigo-2015
___ |
O alumnado de 1º de ESO visitou a XI Edición de IMATXINA (Semana das Matemáticas de Vigo). Alí participaron durante dúas horas en distintos obradoiros con tangráns, pentaminós e hexamantes, policubos (pentacubos planos e soma), espellos, xogos de estratexia, actividades coa calculadora, resolución de problemas e estatística. Mediante estas actividades algún dos obxectivos que se pretenden son os seguintes: sacar as matemáticas das aulas e achegalas ao alumnado dende un punto de vista manipulativo e participativo, favorecer o uso de materiais didácticos para o tratamento dos programas curriculares, amosar a través destas tarefas que todos os cidadáns poden facer matemáticas e aprender a traballar en equipo valorando e respectando as opinións propias e ás dos demais e fomentando a imaxinación e a creatividade. Tamén puideron ver a esponxa de Menger de nivel 4, na que participaron na súa elaboración, case rematada |
Os recreos coa esponxa de Menger
Durante os recreos do mes de febreiro o alumnado de 1º de ESO, coa axuda dalgúns voluntarios doutros cursos, estivo confeccionando os cinco cubos da Esponxa de Menger de nivel 2 das imaxes. Con eles participamos na elaboración dunha esponxa de nivel 4 que se vai formar na sede da Fundación Barrié en Vigo con motivo da XI Edición de IMATXINA (Semana das Matemáticas).
|
O día 10 visitaremos IMATXINA co alumnado de primeiro, onde traballaremos en oito obradoiros con tangráns, pentaminós e hexamantes, policubos (pentacubos planos e soma), espellos, xogos de estratexia, actividades coa calculadora, resolución de problemas e estatística. |
Semana das Matemáticas 2014
Por sexto ano consecutivo, o Departamento de Matemáticas está a organizar a "Semana das Matemáticas". Como tod@s sabedes, dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de Maio como o Día Escolar das Matemáticas. Por este motivo, no IES Mestre Landín, farémolas protagonistas durante a semana do 5 ao 9 de maio, na que se desenvolverán actividades organizadas polo propio departamento, pero tamén por outros departamentos do Centro. Algunhas destas actividades serán as seguintes: - "VI Concurso de Lóxica e Observación" - "Xogando coas Mates" - "As Mates no humor gráfico" - Cine: "Touch: La leyenda del hilo rojo"
|
"21 Black Jack"
Co motivo da celebración da semana das Matemáticas, o alumnado do Centro asistirá á proxección da película "21 Black Jack".
Título orixinal: 21
País: USA
Ano de estreno: 2008
Productora: Columbia Pictures (Sony)
Director: Robert Luketic
Guión: Peter Steinfeld, Allan Loeb
Reparto: Kevin Spacey, Laurence Fishburne, Kate Bosworth, Liza Lapira, Josh Gad, Jim Sturgess, Masi Oka, Sam Golzari
Sinopsis
Baseada no coñecido libro de Ben Mezrich "Bringing Down the House: The Inside Story of Six M.I.T. Students Who Took Veigas for Millions", "21" segue as andanzas dun grupo de mozos que se converteron en expertos na arte de contar cartas para gañar nos casinos. Ben Campbell (Jim Sturgess) é un tímido e brillante estudante do prestixioso Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT) que, ao non poder pagar a matrícula da universidade, atopa a solución nas cartas. Dáselle a oportunidade de unirse a un grupo formado polos estudantes máis dotados da escola, que viaxan ás Vegas cada fin de semana armados con identidades falsas e co coñecemento necesario para inclinar as probabilidades de éxito no black-jack ao seu favor. Baixo a dirección do pouco ortodoxo profesor de matemáticas e xenio da estatística Micky Rosa (Kevin Spacey), conseguiron descifrar o código do éxito. Ao contar as cartas e empregar un intrincado sistema de sinais, o equipo pode triunfar de forma colosal nos casinos. Seducido polo diñeiro, o estilo de vida das Vegas, e polo seu intelixente e atractiva compañeira de equipo, Jill Taylor (Kate Bosworth), Ben empeza a cruzar os límites. Aínda que contar as cartas non é ilegal, as apostas son altas, e o desafío consiste non só en levar ben a conta dos números, senón en ir un paso por diante do amenazador policía de casinos: Cole Williams (Laurence Fishburne).
Semana das Matemáticas
Enviado por Anónimo o Ven, 29/04/2011 - 04:25Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de Maio como o Día Escolar das Matemáticas. Con tal motivo dedicaremos no noso Centro, por terceiro ano consecutivo, a semana do 2 ao 6 de maio á "Semana das Matemáticas", na que se desenvolverá o "III Concurso de Lóxica e Observación" e se proxectará a película "El indomable Will Hunting" segundo a seguinte programación: