Acceso a ciclos formativos de grao medio

Ciclos de grao medio

 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

 

Permiten entrar na Formación Profesional sen estar en posesión do título da ESO. Dirixidas ao alumnado con 17 anos o que os cumpran antes do 31 de decembro de 2014.

 

INSCRICIÓN

 

Prazo: do 31 de marzo ao 11 de abril 

Solicitude de inscrición: Anexo I

Información: http://www.edu.xunta.es/fp

Lugar de presentación: secretaría dos IES con ciclos formativos de formación profesional ou dos centros  integrados de formación profesional

 

PUBLICACIÓN DA RELACIÓN DE PERSOAS ADMITIDAS  E EXCLUÍDAS, EXENCIÓNS E PROBA ADAPTADA

 

Relación provisoria: 28 de abril

Reclamacións: do 29 de abril ao 5 de maio

Relación definitiva: 15 de maio

 

EXAME

 

Lugar: publícase o 20 de maio

Data do exame: 4 de xuño

Ás 09.00 h: presentación ( levar o DNI e a copia da solicitude de inscrición selada)

De 10.00 a 13.00 h: parte matemática e parte sociolingüística

De 16.00 a 18.00 h: parte científico-técnica

  

PUBLICACIÓN DAS NOTAS

 

Cualificacións provisorias: 13 de xuño

Reclamacións: do 16 ao 18 de xuño, ambos incluídos

Cualificacións definitivas: 27 de xuño

 

EMISIÓN DE CERTIFICACIÓNS

  

A partir do día seguinte á publicación das cualificacións definitivas

 

 

 

Distribuir contido