Complementarias

Escola de Familias CEIP Plurilingüe do Carballal

1ª sesión da Escola de Familias tratará sobre "Establecemento de normas e límites: disciplina positiva" e será realizada polas técnicas da Asociación Rexurdir.

 

Enlace para inscribirse:

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/7iooYDyYSkYf8KEF

 

Máis información:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdocarballal/taxonomy/term/74

Aprendo programando 2020

Aquí podedes ver unha relación das actividades realizadas polo alumnado dentro do proxecto Aprendo programando deste ano 2020

 

Aprendo programando 2020

Aquí tedes algunhas imaxes das actividades que estamos realizando no proxecto de aprendo programando

"As peripecias de Extravaganzza Pérez"

O sábado 23 de abril o IES Mestre Landín conmemorou o Día do Libro con moitos nenos e nenas de Marín na Biblioteca Pública Municipal, coa representación dun teatriño de monicreques.
A adaptación teatral do libro "As peripecias de Extravaganzza Pérez", a última obra de Ledicia Costas, foi o punto de partida para  invitar a todos os asistentes á lectura, a descubrir os mundos que habitan nos libros e mostrar unha das innumerables aventuras que os lectores poden vivir a partir deles.
Extravaganzza, unha rapaza de 11 anos cunha sensibilidade especial para os animais, fai unha longa viaxe en busca dos seus pais. Acompañana uns flamengos no seu percorrido por diferentes ecosistemas, nos que van atopar morcegos, lémures, pelícanos, baleas, osos polares, monos e xaguares. E, neses lugares, Extravaganzza descubre o valor da solidaridade e a perseverancia, así como a súa propia capacidade de superación persoal.
Son estes mesmos valores os que demostran os adolescentes que deron vida aos monicreques, primeiro cosendo as marionetas, diseñando os decorados, e logo ensaiando en horario de recreo, polas tardes e, incluso, durante as vacacións, para poñer en escena esta obriña que fixo as delicias de cativos e maiores.
Alba, Alfredo, Cristina, Desireé, Lara, Nerea F., Nerea P. e Verónica, alumnos de 1° e 2° de ESO, foron os artífices da representación, a última das numerosas actividades organizadas por este instituto para celebrar a Semana do Libro.
 

25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Co gallo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no IES Mestre Landín realizouse un acto de apoio e solidariedade coas mulleres vítimas da violencia machista, así como para amosar o noso profundo rexeitamento ante calquera tipo de violencia machista.
Despois da lectura dun manifesto, elevouse na fachada no centro unha pancarta na que figuraban os nomes das 48 mulleres asasinadas este ano e gardouse un minuto de silencio.

 

 

 

Cucañas 2014

 

Tarxeta de inscripción

                  

Esto foi o que pasou na edición anterior das CUCAÑAS:

 

O aroma do liquidámbar

Un grupo de alumn@s de 1º e 2º de ESO que formamos parte do "Contrato-programa" na modalidade de acompañamento fóra do horario escolar desde o mes de xaneiro ata o de xuño,  queremos compartir uns momentos de “ilusión”.

Inmersos entre as distintas materias de estudo decidimos facer da “lectura de historias”o noso particular “recreo”.

Gracias a estes minutos compartindo emocións e opinións a cerca das lecturas saímos da aula e viaxamos polo mundo adiante.

Recollemos no vídeo un exemplo, animando a todos a descubrir miles de historias que se atopan na biblioteca do noso instituto.

 

Ahmed Amzaoud, Yassine Amzaoud, Said Baali, Amer Chariji, Borja Dasilva, Rothny Ferreira, Cristopher Herrán, Nerea Ojea, Santiago Ojea, Younes Otmani, Cristina Parada, Lara Prado, Natalia Pregal e Laura Villanueva.

 

 

Letras Galegas 2014

O vindeiro venres a partir das 11:30h celebraremos o Día das Letras Galegas. No seguinte enlace podedes acceder ao programa da xornada.    PROGRAMA

  

Entroido 2014

Xa chega o Entroido ao IES Mestre Landín. Diversión, disfraces, filloas e orellas farán do venres, 28 de febreiro, unha xornada inolvidable. Ide preparando o voso disfraz!!!

Clica na imaxe para saber máis

Cucañas, Samaín, Simulacro ...

O pasado mércores día 30, no IES Mestre Landín tivemos un día deses nos que un non se aburre. Despois de media xornada de clases tivemos un simulacro de evacuación, a "V Edición das Cucañas" e a entrega dos premios de distintos concursos relacionados co Samaín.

 

Durante a xornada lectiva e nun momento de máxima ocupación das instalación, levouse a cabo un simulacro de evacuación urxente debido a un incendio no que, ademais, había unha persoa ferida. Nesta actividade participou todo o persoal do centro e os equipos dos servizos de Emerxencias do 061 e 112, os voluntarios de Protección Civil de Marín e a Policía Local.

Máis tarde celebrouse a “V Edición das Cucañas”, na que houbo unha ampla participación do alumnado e do profesorado, con 12 equipos inscritos , que realizaron un total de 15 probas, nas que todos eles tiveron que demostrar distintas destrezas e habilidades. O equipo gañador, despois de case dúas apaixonantes e esgotadoras horas, foi o formado por Manuel, Aarón, Alberto, Moisés e Adrián, baixo o nome de “Os Muchapicha”.

 
 

 

Para rematar a xornada fíxose entrega dos premios aos participantes e gañadores das cucañas e aos gañadores dos concursos relacionados co Samaín: contos de medo, cabazas e láminas e carteis.

Clica AQUÍ para ver a relación dos gañadores.

Cucañas 2013

    

 

Se che gustan os retos e queres participar nunha competición distinta a todas as que coñeces, apúntate na “V Edición das cucañas do IES Mestre Landín.

So tes que formar un equipo con outros catro compañeiros e entregar a folla de inscrición debidamente cuberta en conserxería antes do día 23 de outubro.

 

Día das Letras Galegas 2013

Onte celebramos o “Día das Letras Galegas”. Nos últimos anos a celebración tiña lugar en horario de mañá pero este ano decidimos cambiar o acto para a tarde e a verdade é que, despois de ver a masiva asistencia de público, está claro que foi un acerto.

Dende o IES Mestre Landín queremos agradecer a participación no evento de toda a comunidade educativa. 

Durante case tres horas desenvolveuse un amplo programa coas seguintes actividades: 

   - Actuacións musicais do alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO.

   - Adaptación teatral  de “O merlo branco” de Cándido Pazó.

   - Entrega de Orlas ao alumnado de 4º de ESO.

   - Entrega de premios de diferentes concursos e campionatos:

     ”V Torneo de fútbol” 

               Campión: "Los Pitufos"

               Subcampión: "Rápido de Pontequieto"

     “V Concurso de Lóxica e Observación” 

               Gañadora 1º ESO: Virginia Estévez Suárez

               Gañador   2º ESO: Miguel Méndez Requena

               Gañadora 3º ESO: Cristina Serrano Meis

               Gañadora 4º ESO: Sara Piñeiro Tenorio

     “Concurso de Narración”

               Gañadoras: Laura Varela Graña

                                   Brenda Rosales Torres

               Finalistas:   Lucía Fernández Bernárdez e Marina García Pérez

 

ACCESO A:      
Programa de actividades
       ___
 
Descargar fotos
 ___
 
1º premios concurso de narración: A lenda de Ermelo
     
                                                              O desatino de Nico
 
  
 
VÍDEOS:    Teatro "O merlo branco"
     
 
                   Premios, agradecementos e orlas
     
 
                   Actuacións musicais

 

I Xornadas de Astronomía e Navegación

O Ateneo Santa Cecilia en colaboración coa Escola Naval Militar, están a desenvolver as “I Xornadas de Astronomía e Navegación”, orientadas ao alumnado de ESO e Bacharelato. Con esta actividade, dende o Ateneo, preténdese continuar o camiño comezado hai algúns anos cara á recuperación da cultura mariñeira en Marín.

No día de onte, coa visita á Escola Naval, as nosas alumnas e alumnos de 1º de ESO puideron gozar dunha clase fóra das aulas do instituto e dentro dun marco non habitual para eles. A xornada constou da proxección dun documental sobre a orixe do Universo e os seus cambios ao longo do tempo, e da visita ao simulador de navegación da Escola Naval.


LIPDUB

 

 

O EDL do IES Mestre Landín en colaboración co Departamento de Música está a traballar nun apaixonante proxecto: a gravación dun LIPDUB. Para elo precisamos a participación de todo o alumnado, o profesorado e o persoal non docente do Centro, e en primeiro lugar pedimos a vosa axuda para a elección dunha canción. Escoitade os cinco temas seleccionados polo alumnado e votade os que máis vos gusten. 

Tede en conta que a letra da canción elixida será substituída por outra nova creada por nós.  

Os temas propostos son: “CALL ME MAYBE” (Carly Rae Jepsen), “GANGNAM STYLE” (PSY), “HAPPY TOGETHER” (The Turtles), “LÁGRIMAS DESORDENADAS” (Melendi)  e  “WE WILL ROCK YOU” (Queen). 

 

VER VÍDEOS E VOTAR

Cucañas e magosto 2012

 

Case como cada ano este inicio de curso estanos a deparar moitas sorpresas. Será consecuencia da crise, ou dos desexos de mellorar as súas expectativas laborais, a cuestión é que moitos dos nosos heroes favoritos van vir ó Mestre Landín para que lles axudemos a poñerse ao día nas cuestións culturais, científicas, tecnolóxicas … Sorprendente, verdade?

Afortunadamente imos contar coa colaboración do noso estupendo alumnado e  o persoal do centro que lles han facilitar a súa integración ao tempo que terán que ter coidado porque todos sabemos que onde hai un heroe … alá chega un vilán.

E para que todos poidamos coñecernos e gozar dunha xornada de esforzo, ilusión, traballo e entrega desinteresada, o vindeiro día 31 de outubro imos realizar a xa tradicional cucaña do Mestre Landín.

Esperámosvos a todos e a todas (os que teñades superpoderes podedes traelos ese día) para colaborar na posta a punto destes peculiares personaxes.

Concertos e intercambio musical co IES Antón Losada Diéguez (A Estrada)

O departamento de música realizou varios concertos didácticos durante este curso 2011-12, coincidindo con algunhas datas importantes: a semana dos recreos musicais de Santa Cecilia, o concerto de Panxoliñas no Nadal, o Concerto de música romántica no día dos namorados, o concerto no Entroido, e tamén os dous concertos correspondentes ao III  Encontro Musical do noso instituto co IES “Antón Losada Diéguez” da Estrada.

 

                     

Distribuir contido