FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
DESTINATARIOS: Alumnado de 1º a 4º ESO- AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 21/5/2024 a 21/6/2024 (incluídos )
ENDEREZO APLICACIÓN INFORMÁTICA: : https://www.edu.xunta.gal/fondolibros
MODO DE PRESENTACIÓN:
• Electrónica: utilizando esta aplicación ( https://www.edu.xunta.gal/fondolibros ). A través da Sede Electrónica-Procedemento ED330B NOTA: na presentación electrónica deberá presentarse unha solicitude individual para cada un dos fillos
• Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexo I e Anexo II producidos e presénteos no centro.
• Presencial: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.