Vacantes curso 2024/2025

 

Dende o 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo de admisión para o curso 24-25, para o alumnado que non proceda dos centros adscritos.

 

Vacantes:


CURSO

PRAZAS OFERTADAS

VACANTES

1º ESO

60

27

2º ESO

60

12

3º ESO

60

21

4º ESO

60

10


A solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis, debe entregarse no centro docente indicado en primeiro lugar (poden pedirse ata seis centros por orde de preferencia), e deberá ir acompañada da documentación requirida.

  • Prazo requirimento de emenda deficiencias e documentación é 5 días hábiles.
  • Prazo presentar documentación acreditativa no caso de baremar é de 10 días hábiles (a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión)

    CALENDARIO PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO

     

    Presentación solicitudes admisión ED550B e anexo II-bis, na sede electrónica https://sede.xunta.gal/na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado ou na secretaría do centro.

     

    1 - 20 marzo

    Presentación documentación complementaria:  se hai que baremar: Documentación xustificativa doscriterios de baremo alegados na solicitude.  

     

    21 marzo - 5 abril

     Publicación listaxes provisionais admisión

     

    25 de abril

     

     

     Reclamacións listaxes provisionais ante o consello escolar  

     

    26 abril – 3 maio

     Publicación listaxes definitivas admisión

     

    15 de maio

      Recurso alzada listaxes definitivas ante a Xefatura Territorial

     

    contado a partir

     do día seguinte ao

    da súa publicación

     Prazo ordinario de matrícula ESO e Bacharelato

     

    23 xuño - 7 xullo

     

NOTA: As persoas solicitantes poden consultar no taboleiro do interior do centro, as listaxes provisionais de admitidos no proceso de admisión  ou tamén a través da aplicación admisionalumando empregando a chave365 ou certificado dixital.

 

 

Normativa de aplicación:

 

  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.