Prazos de matrícula

PRAZOS DE MATRÍCULA

·      Para axilizar o proceso de matrícula o alumnado que xa está en condicións de promocionar xa pode entregar na secretaría os papeis da matrícula. De faltar algún documento seralle requerido.

·      Aqueles que inda non saiban se promocionan ou non deberán esperar á entrega de notas o vindeiro día 26 de xuño. Este alumnado que se matricula en 2º, 3º ou 4º ESO formalizará a matrícula na semana do 27 de xuño ao 4 de xullo.

·      Na seguinte semana (do 5 ao 7 de xullo)  virá a matricularse o alumnado novo de 1º ESO e de admisión dos demais cursos. Non se admitirán matrículas máis alá do 7 de xullo.

 

DOCUMENTACIÓN MATRÍCULA CURSO 2023-2024

 

ØAnexo I: Autorización para custodia e comunicación.

ØAnexo II: Protección Datos (menores e maiores 14 anos) e a cláusula protección datos.

ØAnexo III: Solicitude de matrícula para o curso correspondente.

ØAnexo IV: Autorización saída centro e solicitude transporte escolar.

 

IMPORTANTE:

·       Todos os Anexos da matrícula deberán asinarse no lugar correspondente.

·       No caso de separación ou divorcio e/ou convenio reguladora documentación da matrícula deberá asinarse por ambos proxenitores se ambos teñen a patria potestade. No caso, de que falte a sinatura de algún dos proxenitores porase en coñecemento da XEFATURA TERRITORIAL.

      

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE APORTAR:

Ø  Fotocopia DNI do alumno ( só alumnado de novo ingreso ou en caso de renovación)

Ø  Fotocopia DNI dos pais/nais/titores ( só alumnado de novo ingreso)

Ø  Fotocopia da Tarxeta Sanitaria ( só alumnado de novo ingreso)

Ø  Certificación académica primaria ( só alumnado 1º ESO) / Certificación académica ( só alumnado de novo ingreso)

Ø  Fotocopia do libro de familia( só alumnado de novo ingreso)

Ø  Fotocopia da sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador( só alumnado de novo ingreso ou modificacións)

ØVolante empadroamentoNecesario no caso de solicitar transporte

ØPara o alumnado de 3º e 4º ESOPAGO DO SEGURO ESCOLARde 1.12 €  no    conta: ES81 2080 5111 1931 1001 1339

     Deberá entregar o xustificante de pago xunto coa matrícula correspondente.

 

IMPORTANTE : SÓ SE LEVARÁ A CABO A MATRÍCULA SE ESTÁ TODA DOCUMENTACIÓN CUBERTA E ASINADA E AS TAXAS DO SEGURO ESCOLAR (3º E 4º ESO) PAGADAS E CO XUSTIFICANTE DE PAGO .