Novas transporte

CAMBIOS NO TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 23-24
Logo dos cambios na zonificación escolar remitida aos centros en xaneiro estábamos pendentes de cambios importantes nas rutas e paradas de autobús. A día de hoxe o que sabemos, é que non hai paradas fóra da nosa zona de influencia, que se viu reducida, e que podedes consultar no mapa publicado na web en breve.
Na ruta 1 de Pastoriza é a que menos cambios sufre, quedando pendente inda de confirmar paradas. Coirados, Vista Alegre (2 paradas), Pardavila (3 paradas), Pazo de Cadro, Cadrelo, Miñán (2 paradas), Pastoriza.
Na ruta 2 de Muebles Mirón elimínanse as paradas de Jaime Janer, xa que eran paradas excepcionais por estar a menos de 2 km. Ámbalas dúas quedan fóra da nosa nova zona. Engádense 2 novas paradas, unha no comezo de Tiro Naval Janer, e outra no Polimia (praza 8 de marzo). As paradas desta liña son: Alameda, Tiro de Naval Janer, Muebles Mirón e Polimia (Praza 8 de marzo).
Na ruta 3 de Estribela elimínase a parada de Tiburcio, por estar fora da zona de influencia, e queda coas paradas: cantodarea capela e cantodarea todo a 100.

adas), Pazo de Cadro, Cadrelo, Miñán (2 paradas), Pastoriza.