Intrucións para a matrícula

 

PRAZOS DE MATRÍCULA

 

·      Para axilizar o proceso de matrícula o alumnado que xa está en condicións de promocionar xa pode entregar na secretaría os papeis da matrícula. De faltar algún documento seralle requerido.

 

·      Aqueles que inda non saiban se promocionan ou non deberán esperar á entrega de notas o vindeiro día 27 de xuño. Este alumnado que se matricula en 2º, 3º ou 4º ESO formalizará a matrícula na semana do 27 de xuño ao 1 de xullo.

 

·      Na seguinte semana (do 4 ao 8 de xullo)  virán a matricularse o alumnado novo de 1º ESO. Non se admitirán matrículas máis alá do 8 de xullo.

 

 

 

SEGURO ESCOLAR

 

Todo o alumnado que se matricule en 3º e 4º ESO deberá abonar 1,12 euros para o seguro escolar no número de conta:

 Moi importante indicar o nome do alumno  no Concepto da transferencia ou ingreso e entregar o xustificante do pago xunto coa matrícula