Proceso de Admisión de Alumnado

 

26 de febreiro de 2019

 

Proceso de Admisión de Alumnado                                        Curso Escolar 2019/20

 

a) Normativa reguladora do procedemento de admisión.

 

·      Decreto 254/2012, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación. (DOG do 26 de decembro de 2012)

 

·      Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de E.I., E.P., ESO e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 15 de marzo)

 

·      Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a anterior orde (publicada no DOG nº 22 de 1 de febreiro de 2017).

 

b) Postos escolares ofertados para o curso académico

 

Nome do curso

Num. prazas ofertadas

Num. permanencias

Num. solicitudes de reserva

Num. vacantes

1º ESO

54

0

45

9

2º ESO

74

70

0

4

3º ESO

30

52

0

0

4º ESO

27

27

0

0

 En primeiro da ESO 6 vacantes están reservadas ao alumnado con necesidedes especiais.

c) Prazo de presentación das solicitudes de admisión.

 

Presentación de solicitudes de admisión

Do 01 ao 20 marzo 

 

Dispoñen de dúas vías para solicitar a admisión

 

1 - Presentar o Anexo II na Secretaría do centro que soliciten en primeiro lugar.

 

 Horario de Secretaría do noso centro: 9:30 a 13:30.

 

 

2 - Presentar a solicitude a través da aplicación informática: "admisión de alumnado" ou a través da sede electrónica da xunta de galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

 

 

En ambos casos é preciso que cumprimenten o ANEXO A e o entreguen na secretaría do centro.

 

d) IMPORTANTE

 

1. UNHA ÚNICA SOLICITUDE A solicitude de posto escolar será única para unha mesma ensinanza e poderá recoller varios centros por orde de preferencia. O alumnado que non resulte admitido no primeiro centro elixido será baremado nos seguintes centros en que existan vacantes, seguindo a súa orde de preferencia

 

2. PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE:

 

·      Presentación da solicitude fóra de prazo

 

·      Presentación de máis dunha solicitude en centros distintos.

 

·      Acreditar ou presentar datos que non se axusten á realidade.

 

3. COMUNICACIÓN AO CENTRO DE ORIXE:

 

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

 

4. COMUNICACIÓN DA RENUNCIA Á RESERVA DE PRAZA: O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

 

e) Prazo de presentación da documentación xusticativa dos criterios alegados para o baremo, se é o caso.

 

Se o número de solicitudes e maior que as prazas ofertadas, poderán presentar, con caracter voluntario, a documentación acreditativa dos criterios de baremo no prazo de 10 días hábiles contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo de solicitudes de admisión: PRAZO: do 25 de marzo ao 5 de abril 

 

Alegación de méritos

10 días hábiles a contar dende o  25 de marzo

 

Documentación alegación méritos: *Documentación a entregar no caso de non autorizar a comprobación electrónica

 

-       DNI*.

 

-       Libro de familia (orixinal e copia).

 

-       Volante histórico de convivencia.

 

-       Copia contrato (alegación cando o lugar de traballo é próximo ó centro).

 

-       Renda (ano 2017) Suma Base impoñible xeral (415) + Base impoñible aforro (435) *.

 

-       Orixinal e copia do título de familia numerosa.

 

-       Certificado de discapacidade (alumno/a, irmán ou pai/nai) *.

 

 

 

f) Calendario que inclúa a data de publicación das listaxes do alumnado admitido e non admitido e os prazos para formular reclamación.

 

Listaxe provisional de admitidos

Antes do 25 de abril

PRAZO DE RECLAMACIÓN

5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación:  Do 25 de abril ao 2 de maio

Listaxe definitivo de admitidos

Antes do 15 de maio

 

 

 

g) Prazo para formalizar a matrícula que deberá axustarse ao modelo normalizado do anexo III desta orde.

 

Formalización de matrícula

 

 

Prazo Ordinario:  Do 25 de xuño ao  10 de xullo

Prazo Extraordinario: Do 1 ao 10 de setembro.

 

 

 

h) Centros que ten adscritos, e adscrición do centro a outro ou outros, se é o caso.

 

O centro recibe alumnado dos centros adscritos CEIP do Carballal e do CEIP da Laxe.

 

i) Área de influencia do centro:

 

As zonas de influencia do CEIP do Carballal e do CEIP da Laxe.

 

ÁREA LIMÍTROFE

 

Son zonas limítrofes deste centro as áreas de influencia do CPR Calasancio e CPR Sagrado Corazón de Jesús (Rúa da Estrada) e os concellos de Poio, Marín e Vilaboa.

 

 

 

O centro recolle as áreas de influencia dos centros adscritos de primaria:

 

ÁREA DE INFLUENCIA  do CEIP do CARBALLAL

 

Perímetro:

 

Polo norte límite do concello.

 

Polo oeste rúa Concepción Arenal, ambas as dúas beirarrúas ata confluencia da mesma coa rúa Pitanxo. Rúa Pitanxo (beirarúa norte). Prolongación da rúa Estivada ata confluencia co camiño Canteira (beirarrúa leste). Camiño Canteira ata a confluencia da rúa Inferniño (beirarrúa leste). Rúa Inferniño ata confluencia coa rúa do Cementerio (beirarrúa leste). Rúa do Cementerio (beirarrúa sur), camiño Raposeiras ata intersección de rúa da Estrada e rúa do Cementerio vello (beirarúa oeste). Rúa da Estrada entre rúa do Cementerio Vello e rúa Ezequiel Massoni (beirarrúa sur). Rúa Ezequiel Massoni dende intersección coa rúa da Estrada ata intersección con rúa Recamán (beirarrúa leste). Rúa Recamán entre intersección con rúa Ezequiel Massoni e rúa Jaime Janer (beirarrúa leste). Rúa Jaime Janer dende intersección con rúa Recamán ata a súa conversión na PO-313 (beirarrúa leste). A Estrada PO-313 dende o punto anterior ata o límite do concello incluíndose ambas beirarrúas da mesma e as confluencias á mesma.

 

Polo leste límite do concello. Polo sur límite do concello.

 

 

 

ÁREAS LIMÍTROFES

 

Son zonas limítrofes deste centro as zonas de influencia do CEIP A Laxe, CEP Sequelo e CEIP de Seixo

 

ÁREA DE INFLUENCIA  DO CEIP DA LAXE

 

Perímetro:

 

Polo norte ría de Pontevedra

 

Polo oeste límite do porto comercial. Rúa da Estrada dende confluencia coa avenida de Ourense ata confluencia con rúa do Cementerio Vello (beirarrúa leste). Camiño Raposeiras dende intersección de rúa da Estrada e rúa do Cementerio vello (beirarúa leste). Rúa do Cementerio (beirarrúa norte).

 

Polo leste Camiño Canteira dende confluencia coa rúa do Cementerio (beirarrúa oeste) ata a confluencia da rúa Inferniño (beirarrúa oeste). Camiño da Canteira dende confluencia coa rúa Inferniño ata confluencia coa prolongación da rúa Estivada (beirarrúa oeste). Rúa Pitanxo dende confluencia coa rúa Estivada ata confluencia coa rúa Concepción Arenal. Rúa Concepción Arenal (excluída) ata o límite do concello.

 

Inclúese neste perímetro todo o porto comercial.

 

 

 

ÁREAS LIMÍTROFESSon zonas limítrofes deste centro as áreas de influencia dos centros: CEP Sequelo e CEIP do Carballal.

 

j) Servizos complementarios que ofreza o centro, identicando a normativa concreta que os regule.

 

TRANSPORTE ESCOLAR GRATUITO

 

1.Coirados, Vista Alegre 2, Vista Alegre 1, Pardavila Canteira, Pardavila 2, Pardavila 1, Pazo Cadro,Cadrelo, Miñán 2, Miñán 1 e Pastoriza.

 

2.Jaime Janer, Alameda e Mobles Mirón.

 

3.Tiburcio, Cantoarea (Capela), Cantoarea (Todo a cen) e Estribela (farmacia).

 

 

 

i) Comedor escolar: O Ceip A Laxe ofrece a posibilidade deste servizo no seu centro.

 

ALUMNADO XA MATRICULADO NO NOSO CENTRO

 

O alumnado que vaia permanecer no noso centro únicamente terá que formalizar a matrícula cara o vindeiro curso no periodo establecido.

 

ALUMNADO QUE SOLICITE TRASLADO A OUTRO CENTRO

 

Solicitar en Secretaría un Certificado de Matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.

 

·      Presentar a solicitude de admisión xunto co certificado de matrícula no novo centro no que desexe matricularse.

 

·      Entregar no noso centro unha copia da solicitude de admisión ao novo centro.