Virginia Estévez Suárez: máxima nota das probas extraordinarias da ESO
O IES Mestre Landín fixo entrega hoxe venres día 4 de novembro do recoñecemento público ao éxito na recente edición das probas extraordinarias da ESO da nosa alumna Virginia Estévez Suárez. Nesta proba, resultados publicados no doga de hoxe, obtivo a maior puntuación dos 420 participantes que foron propostos polos centros de toda Galicia polo seu excelente rendemento durante a ESO. Toda a comunidade educativa do IES Mestre Landín comparte o orgullo de tela tido como alumna e compañeira xa que non só destacou nas cualificacións académicas senón que tamén nos seu bo trato cos seus iguais. En definitiva un éxito para o sistema público de ensino, no que se garante a educación e igualdade de posibilidades para calquera alumna ou alumno poida alcanzar a excelencia. Dada a relevancia do fito alcanzado pola alumna contamos ca presencia do inspector de zona Román Latas Calvo, do director do CEIP A Laxe Francisco Suárez, da concelleira de medio ambente Marián Sanmartín García, a Alcaldesa de Marín María Pilar Ramallo Vázquez, así como da familia da rapaza.
Parabéns!!! |