Semana das Matemáticas

 

Un ano máis, e xa van oito, o Departamento de Matemáticas está a organizar a "Semana das Matemáticas". Do 9 ao 13 de maio as Matemáticas e todo o que as rodea serán as protagonistas no ML. Entre as actividades que estamos preparando teremos un concurso de fotografía matemática e outro de esophías, e este curso como novidade imos facelos extensivos a todos os centros de Educación Primaria do concello.

Teremos tamén durante toda a semana concursos de lóxica, exposicións, xogos matemáticos, cine, talleres, ...

Se queredes estar informados e descubrir o divertidas que poden ser as Matemáticas non dubidedes en clicar na imaxe e adentrarvos na parte máis lúdica desta ciencia, a que moitos de vós seguro que tildades de aburrida e difícil.