VII Semana das Matemáticas

_.

 ......

3 1 4 1 5 9 . . .  COMEZAMOS!

.

Hoxe comeza a "VII Semana das Matemáticas" no Mestre Landín. Iniciamos as actividades facendo protagonista ao número π coa pegada das súas primeiras 200 cifras por parte de toda a comunidade educativa e percorrendo uns 40 metros dende a entrada do centro ata a Biblioteca. Alí tod@s @s interesados poderán participar nun π-taller para obter un valor aproximado de π, ademais de poder coñecer algunhas curiosidades e algo da súa historia. Durante toda a semana poderemos tamén gozar das seguintes actividades:

- exposicións dos traballos realizados polo alumnado para os concursos de fotografía e esopías.

- π-taller na biblioteca e obradoiros de xogos matemáticos no patio, durante os recreos.

- o xa tradicional concurso de lóxica que nos acompaña ano tras ano dende a primeira edición da Semana das Mates.

- e algunha sorpresiña máis.

Ademais, dada a boa acollida e gran participación nos concursos convocados, decidimos outorgar un premio á fotografía e á esopía máis populares mediante unha votación a través dos enlaces que aparecen máis abaixo. Nela poden participar tod@s os membros da nosa comunidade educativa.

 

...

 .
Mirade os vídeos, clicade nos enlaces de votación, lede as indicacións e VOTADE.

.

 _ .....  
     
VOTACIÓN FOTOGRAFÍAS   VOTACIÓN ESOPÍAS

.

.