Os recreos coa esponxa de Menger
Durante os recreos do mes de febreiro o alumnado de 1º de ESO, coa axuda dalgúns voluntarios doutros cursos, estivo confeccionando os cinco cubos da Esponxa de Menger de nivel 2 das imaxes. Con eles participamos na elaboración dunha esponxa de nivel 4 que se vai formar na sede da Fundación Barrié en Vigo con motivo da XI Edición de IMATXINA (Semana das Matemáticas).
|
O día 10 visitaremos IMATXINA co alumnado de primeiro, onde traballaremos en oito obradoiros con tangráns, pentaminós e hexamantes, policubos (pentacubos planos e soma), espellos, xogos de estratexia, actividades coa calculadora, resolución de problemas e estatística. |