Uso do móbil polo alumnado do IES Mestre Landín
O alumnado de 3º ESO realizou un estudio estatístico sobre o uso do teléfono móbil a todos os estudantes do IES Mestre Landín. Dos moitos datos que obtiveron nos deixan a continuación un pequeno resumo: - O 87% do alumnado ten móbil. - O primeiro aparello téñeno como media aos 10 anos e medio, e como agasallo dos seus pais nun 56% dos casos. - O 55% din cambialo só cando se lles estraga, pero só un 17% segue usando o seu primeiro teléfono, e como media xa tiveron catro. - Case un 60% ten contratada unha tarifa con acceso a Internet cun gasto mensual medio de 10,40 euros.
|
|
- Úsano diariamente unha media de 4 horas, aínda que a maioría o fan en torno a 2, e emprégano sobre todo para comunicarse a través de WhatsApp e Instagram. - Un 60% manifesta que para eles o teléfono móbil é algo necesario, un 20% que non poderían vivir sen el e o outro 20% pensan que é un aparello do que poderían prescindir. - O 31% recoñece traelo sempre ao instituto e o 48% nunca. Sen facer un estudio máis rigoroso dos datos, poderiamos dicir que “un alumno ou alumna tipo” do IES Mestre Landín ten teléfono móbil desde aproximadamente os 10 anos, que xa é o cuarto aparello que ten, que gasta nel algo máis de 10 euros ao mes nunha tarifa de contrato con conexión a Internet, que se conecta a redes sociais durante 4 horas diarias e que considera o móbil como algo necesario, aínda que non o traia ao instituto. |