Cucañas, Samaín, Simulacro ...

O pasado mércores día 30, no IES Mestre Landín tivemos un día deses nos que un non se aburre. Despois de media xornada de clases tivemos un simulacro de evacuación, a "V Edición das Cucañas" e a entrega dos premios de distintos concursos relacionados co Samaín.

 

Durante a xornada lectiva e nun momento de máxima ocupación das instalación, levouse a cabo un simulacro de evacuación urxente debido a un incendio no que, ademais, había unha persoa ferida. Nesta actividade participou todo o persoal do centro e os equipos dos servizos de Emerxencias do 061 e 112, os voluntarios de Protección Civil de Marín e a Policía Local.

Máis tarde celebrouse a “V Edición das Cucañas”, na que houbo unha ampla participación do alumnado e do profesorado, con 12 equipos inscritos , que realizaron un total de 15 probas, nas que todos eles tiveron que demostrar distintas destrezas e habilidades. O equipo gañador, despois de case dúas apaixonantes e esgotadoras horas, foi o formado por Manuel, Aarón, Alberto, Moisés e Adrián, baixo o nome de “Os Muchapicha”.

 
 

 

Para rematar a xornada fíxose entrega dos premios aos participantes e gañadores das cucañas e aos gañadores dos concursos relacionados co Samaín: contos de medo, cabazas e láminas e carteis.

Clica AQUÍ para ver a relación dos gañadores.