"21 Black Jack"
Co motivo da celebración da semana das Matemáticas, o alumnado do Centro asistirá á proxección da película "21 Black Jack".
Título orixinal: 21
País: USA
Ano de estreno: 2008
Productora: Columbia Pictures (Sony)
Director: Robert Luketic
Guión: Peter Steinfeld, Allan Loeb
Reparto: Kevin Spacey, Laurence Fishburne, Kate Bosworth, Liza Lapira, Josh Gad, Jim Sturgess, Masi Oka, Sam Golzari
Sinopsis
Baseada no coñecido libro de Ben Mezrich "Bringing Down the House: The Inside Story of Six M.I.T. Students Who Took Veigas for Millions", "21" segue as andanzas dun grupo de mozos que se converteron en expertos na arte de contar cartas para gañar nos casinos. Ben Campbell (Jim Sturgess) é un tímido e brillante estudante do prestixioso Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT) que, ao non poder pagar a matrícula da universidade, atopa a solución nas cartas. Dáselle a oportunidade de unirse a un grupo formado polos estudantes máis dotados da escola, que viaxan ás Vegas cada fin de semana armados con identidades falsas e co coñecemento necesario para inclinar as probabilidades de éxito no black-jack ao seu favor. Baixo a dirección do pouco ortodoxo profesor de matemáticas e xenio da estatística Micky Rosa (Kevin Spacey), conseguiron descifrar o código do éxito. Ao contar as cartas e empregar un intrincado sistema de sinais, o equipo pode triunfar de forma colosal nos casinos. Seducido polo diñeiro, o estilo de vida das Vegas, e polo seu intelixente e atractiva compañeira de equipo, Jill Taylor (Kate Bosworth), Ben empeza a cruzar os límites. Aínda que contar as cartas non é ilegal, as apostas son altas, e o desafío consiste non só en levar ben a conta dos números, senón en ir un paso por diante do amenazador policía de casinos: Cole Williams (Laurence Fishburne).