blogue deJconles
Información Eleccións dos representantes ao Consello Escolar
Enviado por Jconles o Mar, 29/10/2024 - 14:32Dacordo coa Resolución do 10 de setembreo de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 18 do 09), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar nos distintos sectores:
- Sector de alumnado - elixiranse 3 representantes.
- Sector de nais, pais e responsables do alumnado - elixirase 3 representante.
- Sector de persoal de administración e servizos - elixirase 1 representante.
- Sector de profesorado - elixiranse 4 representantes.
As convocatorias das eleccións de cada sector poden consultarse nos arquivos adxuntos a esta publicación.
O Censo correspondente a cada sector estará exposto no taboleiro de anuncios do Centro a partir do día 29 de outubro de 2024. As reclamacións ao referido Censo realizarase mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral ata as 14 horas do día 8 de novembro de 2024.
As persoas que desexen presentar a súa candidatura oficial deberán segundo o modelo que se facilitará na Administración do Centro. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14 horas do luns 11 de novembro de 2024.
O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público o día 12 de novembro de 2024 ás 13:05 horas na secretaría do Centro.
As votacións realizaranse no Centro o día 20 de novembro de 2024
Votación responsables: (Debido ao baixo número de candidatos, modifícase a hora de votación: 13:30 - 15:15)
Votación alumnado: 9:30 - 14:00
Votación PAS: 11:00
Votación profesorado: Claustro Extraordinario
Programacións
Enviado por Jconles o Lun, 07/10/2024 - 13:32Xa están dispoñibles na web do centro as Programacións didácticas das materias impartidas no IES Mestre Landín.
Podedes consultalas na ligazón da esquerda: Programacións dos departamentos, no apartado Lexislación de centro
Periodo de reclamacións
Enviado por Jconles o Mér, 26/06/2024 - 18:25O periodo de reclamacións é o 27 e o 28 de xuño.
Os demandantes teñen á súa disposición modelos de reclamación na secretaría do centro.
Información Admisión Formación Profesional
Enviado por Jconles o Mar, 11/06/2024 - 12:15Xa está publicado o procedemento de admisión para aquel alumnado que desexe realizar estudos de Formación Profesional a partir do próximo curso académico 2024-2025. No caso do alumnado que titule ao rematar 4º de ESO, poderán solicitar praza nun ciclo formativo de grao medio.
Os seguintes enlaces conteñen a información sobre dito procedemento:
1. Instrucións xerais sobre a oferta ordinaria de ciclos de grao medio e ciclos de grao superior:
http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10715
2. Calendario de admisión:
http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/10716
3. Folletos informativos coa oferta formativa clasificados por familia profesional:
https://www.edu.xunta.gal/fp/folletos-informativos-mapa-oferta-fp
4. Informacion xeral sobre a FP:
https://www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Enviado por Jconles o Dom, 26/05/2024 - 15:19
DESTINATARIOS: Alumnado de 1º a 4º ESO- AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
PRAZO DE PRESENTACIÓN: do 21/5/2024 a 21/6/2024 (incluídos )
ENDEREZO APLICACIÓN INFORMÁTICA: : https://www.edu.xunta.gal/fondolibros
MODO DE PRESENTACIÓN:
• Electrónica: utilizando esta aplicación ( https://www.edu.xunta.gal/fondolibros ). A través da Sede Electrónica-Procedemento ED330B NOTA: na presentación electrónica deberá presentarse unha solicitude individual para cada un dos fillos
• Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexo I e Anexo II producidos e presénteos no centro.
• Presencial: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria.
O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.
Becas
Enviado por Jconles o Lun, 01/04/2024 - 15:41Xa está aberto o prazo para solicitar as beces para o curso 2024-2025.
Tedes toda a información no seguinte enlace
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
Vacantes curso 2024/2025
Enviado por Jconles o Xov, 29/02/2024 - 16:45
Dende o 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo de admisión para o curso 24-25, para o alumnado que non proceda dos centros adscritos.
Vacantes:
CURSO |
PRAZAS OFERTADAS |
VACANTES |
1º ESO |
60 |
27 |
2º ESO |
60 |
12 |
3º ESO |
60 |
21 |
4º ESO |
60 |
10 |
A solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis, debe entregarse no centro docente indicado en primeiro lugar (poden pedirse ata seis centros por orde de preferencia), e deberá ir acompañada da documentación requirida.
- Prazo requirimento de emenda deficiencias e documentación é 5 días hábiles.
- Prazo presentar documentación acreditativa no caso de baremar é de 10 días hábiles (a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión)
CALENDARIO PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO
Presentación solicitudes admisión ED550B e anexo II-bis, na sede electrónica https://sede.xunta.gal/, na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado ou na secretaría do centro. 1 - 20 marzo
Presentación documentación complementaria: Só se hai que baremar: Documentación xustificativa doscriterios de baremo alegados na solicitude. 21 marzo - 5 abril
Publicación listaxes provisionais admisión 25 de abril
Reclamacións listaxes provisionais ante o consello escolar 26 abril – 3 maio
Publicación listaxes definitivas admisión 15 de maio
Recurso alzada listaxes definitivas ante a Xefatura Territorial contado a partir
do día seguinte ao
da súa publicación
Prazo ordinario de matrícula ESO e Bacharelato 23 xuño - 7 xullo
NOTA: As persoas solicitantes poden consultar no taboleiro do interior do centro, as listaxes provisionais de admitidos no proceso de admisión ou tamén a través da aplicación admisionalumando empregando a chave365 ou certificado dixital.
Normativa de aplicación:
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Reserva de praza curso 2024-2025 centros adscritos
Enviado por Jconles o Lun, 29/01/2024 - 13:40RESERVA DE PRAZA 2024/25 centros adscritos
Aberto prazo de RESERVA de praza curso 2024-25, dende o 15 de xaneiro ao 5 de febreiro, dos nosos centros adscritos:
1º ESO: 1º Bacharelato:
CEIP Plurilungüe Carballal IES Illa de Tambo
**A reserva farase no centro de procedencia
Hai que presentar a solicitude ED550A debidamente cuberta.
Descarga a solicitude en galego facendo click aquí
Descarga a solicitude en castelán facendo click aquí
O prazo de ADMISIÓN para o alumnado non procedente dos centros adscritos será do 1 ao 20 de marzo. A partir do 22 de febreiro, publicarase toda a información sobre o proceso de admisión.
Hai que presentar a solicitude ED550B debidamente cuberta.
Descarga a solicitude en galego facendo click aquí
Descarga a solicitude en castelán facendo click aquí
Pódese presentar a solicitude na secretaría do centro
Mediante sede electrónica
Mediante o aplicativo admisión alumnado
Escola de Familias CEIP Plurilingüe do Carballal
Enviado por Jconles o Xov, 09/11/2023 - 13:391ª sesión da Escola de Familias tratará sobre "Establecemento de normas e límites: disciplina positiva" e será realizada polas técnicas da Asociación Rexurdir.
Enlace para inscribirse:
https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/7iooYDyYSkYf8KEF
Máis información:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdocarballal/taxonomy/term/74
Concurso horto escolar
Enviado por Jconles o Mér, 18/10/2023 - 04:30Ánimate a participar no concurso máis verde!
Ruta transporte escolar 2023/2024
Enviado por Jconles o Dom, 24/09/2023 - 11:36Estas son as seguintas rutas do transporte escolar para o curso 2023/2024
Ruta Cantodarea
Ruta Muebles Mirón
Ruta Pastoriza
Programacións 2024/2025
Enviado por Jconles o Mér, 02/10/2024 - 04:44PROGRAMACIÓNS CURSO 2024/2025
1º ESO
Educación plástica, visual e audiovisual
2ª Lingua estranxeira - Francés
2º ESO
2ª Lingua estranxeira - Francés
3º ESO
Educación en Valores Cívicos e Éticos
Educación plástica, visual e audiovisual
4º ESO
Formación e Orientación Persoal e Profesional
OUTROS
Departamiento de orientación