blogue deheber
Proceso Admisión 2023-24
Enviado por heber o Lun, 16/01/2023 - 05:18https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867
Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024
ADMISIÓN DE ALUMNADO
- TODO O ALUMNADO DO CENTRO ADSCRITO (CEIP O CARBALLAL) QUE TEN FEITA A RESERVA NO CENTRO ESTÁ ADMITIDO. DEBERÁN FORMALIZAR A MATRÍCULA NO MES DE XUÑO.
- Dende o 1 ao 20 de marzo, estará aberto o prazo de admisión para o curso 23-24, para o alumnado que non proceda dos centros adscritos.
CURSO | PRAZAS OFERTADAS | VACANTES |
1º ESO | 60 | 24 |
2º ESO | 90 | 24 |
3º ESO | 90 | 23 |
4º ESO | 60 | 14 |
A solicitude de admisión ordinaria (ED550B) e o anexo II-bis, debe entregarse no centro docente indicado en primeiro lugar (poden pedirse ata seis centros por orde de preferencia), e deberá ir acompañada da documentación requerida.
O prazo para requirimento de emenda de deficiencias e de documentación é de 5 días hábiles e o de presentación da documentación acreditativa no caso de que haxa que baremar é de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
A publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido é o 25 de abril e das listaxes definitivas o 15 de maio.
As persoas solicitantes poden consultar no taboleiro do interior do centro, as listaxes provisionais de admitidos no proceso de admisión ou tamén a través da aplicación admisionalumando empregando a chave365 ou certificado dixital.
Normativa de aplicación:
-
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
Escola de Familia
Enviado por heber o Lun, 28/11/2022 - 04:52Bo día::
O pasado martes 15 de novembro celebramos no CEIP do Carballal a primeira sesión da Escola de familias que estamos a organizar conxuntamente entre primaria e secundaria, a cargo de Verónica Lodeiro Romero e Patricia Fuentes Conde, psicólogas da asociaión "Rexurdir" de Marín. O obxectivo destas sesións é aprender a desenvolver ferramentas para manexar as nosas emocións e mellorar a comunicación dentro do ámbito familiar, especialmente coas nosas fillas e fillos. Durante a segunda sesión de mañá traballaremos en habilidades sociais, facendo especial fincapé na empatía. Animádevos a participar.
MODIFICACIÓN CALENDARIO ESCOLAR 22_23
Enviado por heber o Lun, 07/11/2022 - 08:37MODIFICACIÓN DO CALENDARIO ESCOLAR
O calendario escolar foi modificado segundo a Orde do 27 de decembro de 2022 polo que se achegan as seguintes aclaracións:
- Modifícanse as datas da 2ª avaliación, que pasarán a ser o 15 e 16 de marzo, polo que as notas se entregaran o 17 de marzo.
- A diferencia do ano pasado, desaparecen as sesión e boletíns da terceira avaliación (que coincidirá coa final) así como o período de recuperación entre a 3ª avaliación e avaliación final.
- Os departamentos teñen ata o mes de marzo para adecuar as programación a estes cambios e comunicarán ao alumnado os períodos de recuperación que establezan. As programación cos cambios que correspondan serán colgadas na web no mes de marzo.
- As clases rematan o 21 de xuño para todo o alumnado, podendo haber exames finais ata o 20 de xuño.
- As sesión de avaliación final serán o 22 e 23 de xuño.
- As notas se entregarán o día 26 de xuño.
Renovación do consello escolar
Enviado por heber o Lun, 07/11/2022 - 05:37Membros a renovar nestas eleccións:
* 3 representantes de profesores
* 3 representantes de alumnos
* 1 representante de familias
* 1 representante do PAS
Resolución do 19 de setembro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
Intrucións para a matrícula
Enviado por heber o Lun, 13/06/2022 - 07:15
PRAZOS DE MATRÍCULA
· Para axilizar o proceso de matrícula o alumnado que xa está en condicións de promocionar xa pode entregar na secretaría os papeis da matrícula. De faltar algún documento seralle requerido.
· Aqueles que inda non saiban se promocionan ou non deberán esperar á entrega de notas o vindeiro día 27 de xuño. Este alumnado que se matricula en 2º, 3º ou 4º ESO formalizará a matrícula na semana do 27 de xuño ao 1 de xullo.
· Na seguinte semana (do 4 ao 8 de xullo) virán a matricularse o alumnado novo de 1º ESO. Non se admitirán matrículas máis alá do 8 de xullo.
SEGURO ESCOLAR
Todo o alumnado que se matricule en 3º e 4º ESO deberá abonar 1,12 euros para o seguro escolar no número de conta:
Moi importante indicar o nome do alumno no Concepto da transferencia ou ingreso e entregar o xustificante do pago xunto coa matrícula
Prematrícula 1º ESO
Enviado por heber o Ven, 03/06/2022 - 05:56
O alumnado que se incorpora o vindeiro curso ten que cubrir o papel de prematrícula para elixir as optativas. Poden descargalo e envialo ao correo ies.mestre.landin@edu.xunta.gal ou entregalo en conserxería. Precisamos esta información o antes posible e o máis tardar o xoves dia 9 de xuño.
A oferta educativa do noso centro (materias e número de horas semanais por curso) está colgada na web.
A formalización da matrícula para 1º ESO farase posteriormente na semana do 4 ao 8 de xullo.
Datas avaliacións e notas
Enviado por heber o Mér, 01/06/2022 - 07:50
DATAS DE AVALIACIÓNS E NOTAS
En aplicación da ORDE do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, recordamos que este curso existe unha 3ª avaliación e boletín de notas, ademais da final e ordinaria.
DATAS DA 3ª AVALIACIÓN: 6 e 7 de xuño
ENTREGA BOLETÍN DE NOTAS DA 3º AVALIACIÓN: 8 de xuño ás 14:10 h.
DATAS DE AVALIACIÓNS FINAIS: 23 de xuño
ENTREGA DE NOTAS FINAIS: 27 de xuño ás 11:00 h.
DATAS DE RECLAMACIÓNS NO CENTRO: 28 e 29 de xuño.
O período abranguido entre a terceira avaliación parcial e a avaliación final dedicarase a actividades de apoio, reforzo, recuperación, ampliación e seguimento das materias pendentes.
· Aclaración: A nota da 3ª avaliación non é unha nota final do curso.
O profesorado de cada materia informará ao alumnado nos días da 3ª avaliación das opcións para recuperar ou subir nota segundo se contemple nas modificacións de programacións que se fixeron para cumprir coa nova normativa e que están publicadas na páxina web do centro.
Becas NEAE e Fondo libros
Enviado por heber o Xov, 26/05/2022 - 05:42
CONVOCATORIA DE BECAS PARA ALUMNADO CON NEAE PARA O CURSO 2022-2023
Publicado no BOE do 18 de maio do 2022
Prazo de solicitude: do 19 de maio ao 30 de setembro do 2022
Quen a pode solicitar?:
· Alumnado con discapacidade
· Alumnado con trastorno grave de conducta e comunicación ou linguaxe
· Alumnado con trastorno de espectro autista
· Alumnado de altas capacidades
Procedemento: Cumprimentar a solicitude en sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación profesional. Unha vez cuberto, imprimir o formulario en pdf e presentalo no centro educativo onde o alumno vaia a cursar estudos o próximo curso, xunto con todos os documentos xustificativos requeridos (informes e certificados)
Máis información na páxina web: becaseducacion.gob.es
Para dúbidas: Consultar o departamento de orientación do centro.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220518/AnuncioG0598-020522-0001_gl.html
DESTINATARIOS: Alumnado de 1º a 4º ESO AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Do 19 de maio ao 22 de xuño
MODO DE PRESENTACIÓN: A través da sede electrónica, da aplicación fondo libros ou na secretaría do centro.
Anexos para presentar no centro:
Anexo I https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23657532
Anexo II https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23657531
Calendario de probas extraordinarias de setembro 2021.
Enviado por heber o Mar, 29/06/2021 - 03:50
Hora |
Mércores 1 de setembro de 2021 Materias |
8:30 |
Lingua Castelá e Literatura / Teatro/ Latín |
9:30 |
Xeografía e Historia |
10:30 |
Educación Física / EPVA/Videocreación |
11:30 |
Francés |
12:30 |
Matemáticas/Economía |
13:30 |
Música / Cultura clásica Valores Éticos / Relixión Católica /Relixión Evanxélica |
Hora |
Xoves 2 de setembro de 2021 Materias |
8:30 |
Tecnoloxía /TIC/Programación/Investigación/IAEE |
9:30 |
Bioloxía e Xeoloxía |
10:30 |
Lingua Galega e Literatura |
11:30 |
Inglés |
12:30 |
Física e Química |
Publicación de boletíns
Enviado por heber o Mér, 23/06/2021 - 05:21Bo día
Recordamos que o boletín de nota finais pódense consultar no Espazo Abalar e no Abalar Móbil no apartado de cualificacións e facendo clic en Ord. O prazo de reclamacións vai do 25 ao 28 de xuño. Os consellos orientadores os poderedes recoller en secretaría a partir do 24 de xuño. Podedes solicitar unha copia impresa dos boletín de notas na secretaría do centro o 24 xuño a partir das 12h.
Calendario de probas extraordinarias de maio.
Enviado por heber o Lun, 26/04/2021 - 05:44
EXAMES DE MATERIAS PENDENTES DE CURSOS ANTERIORES
Ø 19 de maio de 2021
Hora |
Materias |
Aula |
17:00 –17:50 |
Bioloxía e Xeoloxía/Física e Química |
1 |
17:50 –18:40 |
Lingua Galega e Literatura |
2 |
18:40 –19:30 |
Matemáticas/ Investigación e tratamento da información |
6 |
Ø 20 de maio de 2021
Hora |
Materias |
Aula |
17:00 –17:50 |
Xeografía e Historia/Relixión católica |
1 |
17:50 –18:40 |
Inglés/Francés |
2 |
18:40 –19:30 |
Lingua Castelá e Literatura |
6 |
Enquisa convivencia 2021
Enviado por heber o Xov, 08/04/2021 - 06:32A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.
Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.
A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).Estos son os lenaces para acceder á enquisa empregando o constrasinal achegado:
"Recollida de datos para as familias" en https://www.edu.xunta.gal/convfamil
"Recollida de datos para o alumnado de 5ºEP a 4º ESO" en https://www.edu.xunta.gal/convobrig
"Recollida de datos para o alumnado de ensinanzas postobrigatorias" en https://www.edu.xunta.gal/convpost
"Recollida de datos para o alumnado con necesidades especiais" en https://www.edu.xunta.gal/convee
"Recollida de datos para o profesorado" en https://www.edu.xunta.gal/convdoce
"Recollida de datos para PAS" en https://www.edu.xunta.gal/convpas
Inicio do proceso de admisión
Enviado por heber o Lun, 04/01/2021 - 04:54
PUBLICACIÓN DE LISTAXES
FASE DE ADMISIÓN:
Fase de reserva de prazas en centros de adscrición
De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
- O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
- A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.
Normativa de aplicación
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Prazas ofertadas para o proceso de admisión do curso 2021-22:
Num. prazas ofertadas |
Vacantes |
|
1º ESO |
60 |
17 |
2º ESO |
90 |
15 |
3º ESO |
90 |
9 |
4º ESO |
60 |
22 |
* 6 prazas están reservadas a alumnado NEAE
Circular 23: dia non lectivo
Enviado por heber o Xov, 17/12/2020 - 06:02Bo día
Recibimos a aporbación por parte da inspección educativa da concesión de día non lectivo de centro o 18/05/2021. Un saúdo
Circular 22. Publicación de cualificacións
Enviado por heber o Mér, 16/12/2020 - 05:48Bo día
O vindeiro martes día 22 publicaranse as cualificacións do alumnado no Abalar Móbil non sendo entregadas en papel a menos que o solicite a familia. Igualmente no caso de querer recibir un informe individualizado as familias o poderán solicitar a través do Espazo Abalar.
O periodo vacacional comprende dende o 23/12 ao 7/01 ambos inclusive.
Un saúdo
Circular 21
Enviado por heber o Mér, 09/12/2020 - 08:42Bo día
Co fin de coordinar unha acción conxunta entre as ONGs e os centros educativos de Marín, o Concello de Marín achegounos o cartel da campaña de solidariedade para a recollida de alimentos non perecederos, de produtos de Nadal e de produtos de hixiene e limpeza.
A campaña consistirá en que durante a semana do 14 ao 18 de decembro, o alumnado poida aportar algún produto, e o día 18 ou 2. O Concello pasará a recollelo para xuntalo e que as 6 ONGs fagan o reparto, tendo en conta o número de familias ás que axuda cada ONG (COMEDOR BENÉFICO, CÁRITAS, CÁRITAS SANTOMÉ, AYUDA EN ACCIÓN SOR ELVIRA, AMENAC e SOS). Saúdos
Circular 20: Videoconferencia sobre a educación a distancia
Enviado por heber o Xov, 19/11/2020 - 02:26A EDUCACIÓN A DISTANCIA
IES MESTRE LANDÍN, 23 NOV 2020, 19h30
O luns 23 de novembro ás 19:30 h terá lugar a videoconferencia "A educación a distancia" a cargo de Sérgio A. Nunes Garcia, dentro da escola de familias organizada polo CFR de Pontevedra e o IES Mestre Landín, o acceso á mesma realizarase a través da seguinte ligazón:
https://eduxunta.webex.com/eduxunta-pt/j.php?MTID=m1af30b2448944ef552792...
Guión da xuntanza
Abalar. Funcionalidades básicas.
Webex. Conexión. Forma de entrada (nome, correo-e). Normas básicas de funcionamento e comportamento. Uso de Chrome.
Situación en confinamento. Normas, horarios espello, obrigas do alumnado. Crear horarios con alertas.
Aula Virtual / Edixgal. Funcionamento básico, entrada nun curso. Emprego da app de Moodle. Entrega de tarefas (pdf). Outras funcionalidades (calendario, foros, mensaxería).
Protección de datos: imaxe e datos de alumnado.
Tempo aberto a dúbidas.
Instrucións de acceso:
Lembren usar un navegador Chrome.
Nas familias cuxos fillos e fillas estean en E-Dixgal recoméndase que empreguen o computador subministrado polo centro educativo para familiarizarse con el.
As cámaras e micrófonos deberán estar desconectados, se ben preparados para conectalos en caso de precisalo.
Usaremos o chat común para calquera dúbida ou pregunta.
No caso de acceder con dispositivo móbil (tablet ou teléfono) deben descargar a aplicación Cisco Webex Meetings e acceder desde ela á ligazón.
Lembren pór un nome e un correo electrónico (calquera por exemplo a@aaa.com). Se non introducen un nome e un correo non poderán acceder á reunión. Para practicar e sabermos que familias se conectan, poden usar o nome do seu fillo/a e curso (ex. Miguel Solla 3B).
A xuntanza será gravada para un posterior acceso á mesma.
Info da reunión Webex:
A educación a distancia - IES Mestre Landín
Organizado por SÉRGIO ALEXANDRE NUNES GARCÍA
https://eduxunta.webex.com/eduxunta-pt/j.php?MTID=m1af30b2448944ef552792...
Luns, 23 Nov, 2020 19:30 | 1 hora 40 minutos | (UTC+01:00) Bruxelas, Copenhague, Madri, Paris
Número da reunión: 121 352 8602
Seña: Distancia
Entrar por sistema de vídeo
Dial 1213528602@eduxunta.webex.com
Vostede também pode marcar 62.109.219.4 e inserir o seu número de reunión.
Entrar por teléfono
+34-91215-8236 Spain Toll
Código de acceso: 121 352 8602
Circular 19: Máscaras para o alumnado
Enviado por heber o Lun, 16/11/2020 - 08:22Bo día
Saiu publicada a orde para o reparto de máscaras ao alumnado. O prazo para presentar solicitudes vai do 16 ao 27 de novembro de 2020, é importante consultar antes se é un posible beneficiario e se ten a obriga de presentar solicitude.
.Ponde consultar o resume da orde neste enlace
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=system/files/INSTRUC...
Nas instrucións recibidas indícase tamén que no ámbito da comunidade educativa as máscaras que se utilizarán serán as mesmas que no ámbito comunitario. Estas serán as máscaras hixiénicas que cumpran a norma UNE 0065 ou as máscaras cirúrxicas. A utilización de máscaras con válvulas exhalatorias están prohibidas en Galicia no DOG no 126, por Resolución do 25 de xuño de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.
Un saúdo