blogue demaite

As linguas e a nosa

Manuel Núñez Singala propón esta pregunta: o galego é unha lingua minoritaria?, dános pistas para pensar, e di: en todo caso ningunha lingua é peor ou mellor polo feito de que se fale máis ou menos.

Que che parece?

 

 

Beber soños coma quen bebe auga - AFP

N´O segrel do Penedo, blog da biblioteca do IES de Fene, escoitamos a Agustín Fernández Paz falando sobre o proceso da escrita, ou como el di "o chispazo, como nace un libro".

 

 

The Homens

Para escoitar: a canción Calamar do grupo THe homens

 

 

GHALEGHO, tamén en Marín

Un vídeo gravado por mozas e mozos do concello de Dodro que paga a pena ver e, sobre todo, escoitar. Alí, como aquí tamén se fala con gheada e seseo. E están orghullos@s!  

Supoño que vos soa a coñecido...!  Comentaremos na aula.

 

 

orgullos@s do noso

COMBINA 23

COMBINA 23

Cultivos en socalcos

Para que vexades que son os "socalcos" aquí vos poño unha foto de cultivos en socalcos na Ribeira Sacra, preto de Monforte de Lemos, provincia de Lugo.

 

 

 

SÉCULOS ESCUROS

Libro lim sobre Os Séculos Escuros creado por Víctor López Baliño

8 de marzo

8 de marzo Día Internacional das Mulleres

Mapa de Galicia

EU SON ROSALÍA

Manifesto pola lingua

Descripción: queremos_galego

Este é o lema escollido pola     Plataforma Queremos Galego para a manifestación do vindeiro 8 de febreiro.

A plataforma cidadá Queremos Galego, formada por persoas a título individual e máis de 600 colectivos, promove a manifestación que terá lugar en Santiago de Compostela o próximo 8 de febreiro.

Este é o manifesto que convoca a mobilización:

Polas fillas dos nosos fillos. Queremos Galego!
Os datos da última enquisa do Instituto Galego de Estatística sobre a situación do galego non nos sorprenden. Reflicten a realidade. A realidade é que cada vez hai menos xente que fala galego. A realidade é que a Xunta de Galiza demostra un total desleixo e desprezo pola lingua. A realidade é que é imposíbel vivirmos en galego con normalidade.
O maior descenso de falantes do galego coincide co lustro máis agresivo e lesivo para a normalización da nosa lingua e cunha situación na que o galego, non só non conta cunha oficialidade real, senón que é a propia Xunta quen ataca a oficialidade formal que acadou.

A lingua precisa xa de compromisos reais materializados en accións concretas . Esta non é a hora de enunciar falsos desexos, supostas declaracións de intencións, nin dubidosas manifestacións de amor, nas que se baseou até agora a política lingüísitica. É urxente actuar tomar medidas normalizadoras e pór todos os medios e remedios para para pararmos esta desfeita .

Moitas persoas educamos as nosas fillas e fillos en galego. Mantemos o galego cada día, entregámosllo ás máis novas e novos porque o defendemos e apreciamos. Facémolo con amor, esforzo e coidado, aínda que nos atopamos con dificultades permanentes, ás que lle temos que engadir o insulto e o desprezo mostrado polo presidente da Xunta na súa busca permanente de culpábeis da súa propia política.

O galego continúa perseguido e proscrito de diferentes ámbitos e usos. Impúxose un decreto para evitar o ensino en galego. Esta política lingüística ten responsábeis e cómplices. Precisase unha mudanza total . Hai que lles dar ferramentas ás xeracións novas. A televisión pública galega non emite debuxos animados de moda en galego. As mozas e mozos non poden escoller xogos, filmes e revistas xuvenís na nosa lingua, a moitos e moitas impídeselles a escolarización en galego

Necesitamos promover a nosa lingua. Lingua propia e común que nos une a todos e todas. Lingua, identidade e futuro de Galiza camiñan da man. Defender o futuro dunha lingua é defender o futuro dun pobo. A nosa lingua sítuanos no mundo e fainos donos e donas do noso porvir, que está en nós, nas nosas fillas e fillos, nas nosas netas e netos. Na transmisión xeracional e na súa reposición social.

Precisamos o galego para ser e existir. Temos esperanza, ilusión, vontade, compromiso para mantelo vivo , para superar prexuízos, para transmitir amor á nosa lingua, para manifestar orgullo, para dicir, polas fillas dos nosos fillos QUEREMOS GALEGO.

 

ROSALÍA

O pasado 24 de febreiro, coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, fixéronse no país numerosas lecturas da súa obra.

Distribuir contido