Taboleiro
--->
exames de setembro
* Departamento de Matemáticas (23-6-2014)
O profesorado deste departamento recoméndalle realizar as actividades de reforzo propostas a todo o alumnado que suspendeu a área (do curso actual ou como materia pendente) e, polo tanto, deba presentarse aos exames de setembro. As citadas actividades pódense encargar e recoller na conserxería do instituto ou descargalas no seguinte enlace:
ACTIVIDADES DE REFORZO DE MATEMÁTICAS
* Departamento de Educación Física (24-6-2014)
ACCESO A TODA A INFORMACIÓN RELATIVA AOS EXAMES DE SETEMBRO
"Primaveras de seda"
|
Un grupo de alumn@s de 3º de PDC está novamente de noraboa este curso. Lucía, Jorge, Ana e Alba, xunto coa súa titora Puerto, acaban de recibir a 1ª mención especial no "IV concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos" polo traballo estatístico "Primaveras de seda" levado a cabo con poboacións de vermes de seda.
|
Este concurso foi convocado pola Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO) en colaboración con educaBarrié, a iniciativa educativa da Fundación Barrié, para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia. |
PARABÉNS E A SEGUIR TRABALLANDO ASÍ!!!!!
Concurso: "A PROCURA DO PERSOEIRO"
Semana das Matemáticas 2014
Por sexto ano consecutivo, o Departamento de Matemáticas está a organizar a "Semana das Matemáticas". Como tod@s sabedes, dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de Maio como o Día Escolar das Matemáticas. Por este motivo, no IES Mestre Landín, farémolas protagonistas durante a semana do 5 ao 9 de maio, na que se desenvolverán actividades organizadas polo propio departamento, pero tamén por outros departamentos do Centro. Algunhas destas actividades serán as seguintes: - "VI Concurso de Lóxica e Observación" - "Xogando coas Mates" - "As Mates no humor gráfico" - Cine: "Touch: La leyenda del hilo rojo"
|
Rally matemático sen Fronteiras
O grupo de alumnos/as de 3º PDC do noso centro acaba de gañar a fase centro do Rally matemático sen Fronteiras, clasificándose así para a gran final galega que terá lugar o vindeiro venres 28 na Facultade de Química en Santiago de Compostela. Competirán con outros dous grupos de alumnos/as do IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo) e do IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras).
|
Parabéns Irene!!!!
A alumna Irene Trabazo, de 4º de ESO, campioa da Copa Federación cadete.
Irene Trabazo cumpriu o pasado domingo cos pronósticos ao alzarse coa xeral da Copa Federación de ciclocrós na categoría cadete feminina. E fíxoo ao grande. A corredora do Club Ciclista Marín só necesitaba un punto ... ler máis e máis
Gañadoras do Materreto de 1º ESO
Na área de Matemáticas e durante o presente curso, o alumnado de 1º ESO participou nun proxecto consistente na resolución, todos os mércores, dunha actividade lóxico-matemática á que denominamos "MATERRETO". Despois de 24 mércores as alumnas gañadoras foron: 1º ESO A: Virginia Estévez Suárez 1º ESO B: Laura Varela Graña O profesorado responsable da actividade desexa felicitar non só ás gañadoras senón tamén a todo o alumnado de 1º de ESO pola súa amplia participación e o entusiasmo mostrado durante todo o curso con esta actividade. |
II Feira de Libros Usados
Acceso ao TRIPTICO EXPLICATIVO |
O vindeiro 30 de xuño vaise celebrar a II Feira de Libros Usados. O obxectivo desta é proporcionar aos membros da comunidade educativa - alumnado, profesorado, familias, persoal non docente - a oportunidade de intercambiar aqueles libros que, por distintos motivos, xa non son utilizados polos seus donos. un libro ten máis vidas das que cres Grazas ao intercambio de libros de texto inténtase poñer freo ao gran consumo deste tipo de libros que se produce ano tras ano. Trátase de amortecer o desembolso económico que supón, fomentando ademais un ensino gratuíto e, por suposto, a reciclaxe. PROGRAMA 11:00 PREGÓN DE PRESENTACIÓN E INICIO DA II EDICIÓN DA FEIRA DE LIBROS USADOS. 11:30 CONTACONTOS A CARGO DO GRUPO TARABELOS. 13:00 CONTACONTOS A CARGO DO GRUPO POLO CORREO DO VENTO. 14:00 REMATE DA FEIRA
|
.
Programa de intercambio de libros de texto
O intercambio de libros de texto é unha práctica moi desexable dende moitos puntos de vista. Aínda que o máis evidente é, sen dúbida, o de aforro económico nun tempo de crise económica tan intensa, tampouco hai que desdeñar o seu sentido ambiental (polo importante aforro en papel) e a concepción deste material como algo valioso, que paga a pena respectar, conservar e transmitir. A organización a nivel do centro do intercambio, ten a vantaxe de que os libros das distintas materias son, na súa inmensa maioría, os mesmos que o curso anterior, co cal se garante un maior aproveitamento na iniciativa. O espírito do intercambio susténtase na reciprocidade e na xenerosidade. Na reciprocidade, porque os libros doados xeran dereito de adquisición, e na xenerosidade, porque non sempre coincidirán as doazóns coas adquisicións, e porque hai grupos, como cuarto de ESO, que non obterán nada material a cambio da súa doazón, e outros, como sexto de Primaria que poden recibir material sen nada a cambio. Aínda que se a iniciativa prospera, a dinámica do paso dos cursos acabará igualando estas circunstancias. Como toda iniciativa que se pon en marcha, a presente está tamén sometida a eventuais erros, malas previsións ou erros no seu deseño, polo que xa por adiantado nos gustaría contar coa comprensión e axuda de todos os implicados no proxecto. |
Máis información: Tríptico do Programa de intercambio
|
V Concurso de Lóxica e Observación
O departamento de Matemáticas do IES Mestre Landín organiza o "V Concurso de Lóxica e Observación" dirixido a todo o alumnado do centro.
Con esta actividade preténdese que os participantes desenvolvan a súa creatividade e imaxinación para observar e apreciar os múltiples aspectos do noso contorno que están relacionados co mundo das Matemáticas.
Na presente edición do concurso destacamos o seguinte:
- A participación na categoría de grupos é voluntaria e realizarase integramente a través da aula virtual do centro.
- Toda a comunidade educativa pode participar na proba de fotografía que este ano se centrará exclusivamente nas matmáticas na rúa e na natureza.
- Na proba de lóxica incluirase unha parte de "xogos" na que os participantes deberán demostrar a súa destreza en probas de memorización, habilidade e razoamento matemático.
Para saber máis sobre o noso concurso e estar ao día das novas, pincha na imaxe:
Actividades de formación en linguas estranxeiras e campamentos de verán
Saíron publicadas no DOG do 5 de marzo:
o As axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, que se desenvolverán en Galicia desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto, cunha duración de dúas semanas. É necesario ter aprobadas todas as materias e acadado un mínimo dun ben ou dun 6 en lingua inglesa no curso 2010/2011. O prazo de presentación das solicitudes remata o 7 de abril.
Máis información na páxina web: www.edu.xunta.es/axudasle
o A convocatoria de prazas para participar nos Campamentos de Verán que organiza a Xunta de Galicia, que terán lugar nesta e noutras Comunidades Autónomas nos meses de xullo e agosto. O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de marzo.
Máis información na páxina web: www.xuventude.net
Se están interesados poderán pórse en contacto coa secretaría do centro. |