blogue deheber

Circular de centro 18: Horarios espello

Bo día

Achegamos o enlace ao horario espello do alumnado en caso de illamento. O alumnado deberá conectarse a esas horas a través de webex (servizo de videochamada) empregando os enlaces que o profesorado publicará na súa aula virtual da súa materia.

O vindeiro luns día 16 realizaremos un simulacro de conexión a través da aula virtual e do webex en horario de 17 a 17:30. PrOximamente remitiremos máis información.

Un saúdo

 

 

Circular centro 17: Novas respecto o protocolo COVID 11-04

Bos día:
Trasladamos as seguintes novidades respecto a a actualización de protocolo de adaptación  COVID dá Consellería de Educación  e que poden consultar na súa web:
https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus
Os  conviventes  dunha  persoa con síntomas compatibles  coa  Covid (alumno/a  ou profesional) que se  encontre  á espera  do resultado, evitarán  as  interaccións  sociais que  sexan prescindibles ata que se confirme ou resultado, pero  non será necesario que  garden  corentena non domicilio,  podendo acudir tanto  á  escola como  ao  seu  posto de  traballo.
As  persoas que  teñan diagnóstico confirmado  terán  obriga de  illamento durante 10 días.  As  persoas que  teñan a consideración de contactos  estreitos da  persoa  cun diagnóstico confirmado deberán entrar en  corentena, estando  illados nos  seus domicilios e suspenderán,  mentres dure esta, a asistencia  ao centro por un período de 10 días, e  sempre de  acordo  coas  indicacións dás autoridades sanitarias.

Circular centro 16: Manuais para as familias

Bo día
Xunto coa proposta de formación que vos trasladaron o/as titores achegamos este enlace onde podemos consultar videotitoriais explicativos das ferramentas que empregamos para a nosa docencia virtual e comunicación .
https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrpontevedra/aulavirtual/course/view.....
Un saúdo

Circular centro 16: Elminación das contas iesml.es

Bo día 
Recordamos que a partir do día 1 de novembro procederemos a suspender e posteriomente eliminar as contas de iesml.es de alumnado e docentes. Por este motivo se queredes descargar e gardar información que teñades nas vosas contas e nas apliacións asociadas á mesma (drive, youtube, etc) é preciso realizalo antes desa data.

Circular centro 15: Adiamento das eleccións ao consello escolar

Bo día
Publicouse a Resolución do 22 de outubro de 2020, pola que se adía a celebración de eleccións para a renovación dos membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32201

Circular centro 14 Actualizada: Detección de síntomas e illamento

Bo día.
Recordamos a importancia de revisar diariamente os síntomas compatibles co COVID-19, poden consultalos na axenda do alumando. En caso de sintomatoloxía, debemos permanecer no domicilio, contactar co  noso médico e informar ao centro educativo.  No caso de que o especialista indique o illamento dun membro da unidade familiar os irmáns permanecerán no domicilio ata que a proba PCR saia negativa ou o indique o facultativo.  Durante este período o alumnado debe seguir traballando empregando a aula virtual, se se atopa en condicións. Un saúdo

Circular centro 13: Aprobación dia non lectivo de centro

Bo día
Recibimos a confirmación por parte da Xefatura Territorial para establecer como día non lectivo o vindeiro 2 de novembro de 2020. Queda pendente recibir a confirmación para o día 18 de maio de 2021. Poden consultar o calendario na web do centro. Un saúdo

Circular centro 12: Anuncio eleccións consello escolar.

Bo día

Poden consultar neste enlace da  web do centro a publicación da apertura do proceso de eleccións á renovación parcial do consello escolar. Enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=system/files/1%C2%BA%20Notificacio%CC%81n%20Apertura%20y%20sorteo%202020%201.1_signed.pdf
 
Un saúdo

Circular Centro 10: Publicación de documentos organizativos

Bo día
Poden consultar na web do centro as actualizacións dos diferentes documentos organizativos: PXA, PAS, CC, Plan Continxencia, PAL http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=taxonomy/term/249
Un saúdo

Novas de transporte

Bo día. Dende o servizo de mobilidade nos confirman que todos os solicitantes de transporte terán praza. Aqueles usuarios non lexítimos (fora da zona de escolarización ou menos de 2km) deberán empregar a tarxeta Xente Nova cargada. O custe do servizo será de 1,35€ coa tarxeta e cada 15 días poden recargar a tarxeta nun caixeiro de ABANCA para recibir o reintegro dado que son prazas subencionadas. Neste enlace poden ver o folleto informativo. http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=system/files/Xente%20NOva.pdf

Confirmación de inicio de curso

Bo día. O profesorado e a ANPA do IES Mestre Landín seguimos colaborando para organizar o inicio do curso coa máxima seguridade posible. O alumnado estará sempre sentado a 1,5 m unha vez recibida a confirmación dos desdobramentos precisos e o acondicionamento das aulas.  As materias de libre configuración serán empregadas como reforzo de matemáticas en 1º e 2º da ESO para evitar os agrupamentos de alumnado de diferentes grupos. As solicitudes de participación nas seccións bilingües tamén veranse afectadas polo mesmo motivo.

Comezaremos o día 23 con 1º e 2º da ESO, 24 para 3º e 25 para 4º, aplicando o plan de acollida que reforzará as medidas de hixiene e as normas de organización no centro.  En especial reforzarase a necesidade de manter as distancias de 1,5 m, a hixiene de mans, uso correcto da máscara. Explicarase o emprego da aula virtual da consellería que será a ferramenta de traballo principal en caso de docencia telemática. 

O primeiro día o alumnado levará a casa a declacración responsable que devolverá asinada en conserxería antes do día 29 de setembro.A partir do luns 21 as persoas titoras poñenarnse en contacto telefónico cos responsables do alumnado para confirmar o grupo, transporte, optativas e recoller as dúbidas que poidades ter. Podedes consultar neste enlace https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus a guía de volta segura que axuda a repasar as principais novidades.

A Xefatura de Pontevedra e a empresa de transporte están recollendo as nosas peticións para poder atender as demandas de transporte a través do programa de Tarxeta Xove do alumnado non lexítimo. Esperamos ter confirmación antes do inicio de curso.

Agradecemos a vosa comprensión e colaboración neste esforzo conxunto para a adaptación neste curso 20/21 que de seguro nos traerá novas e positivas aprendizaxes.

 

Fondo libros

Bo día. O alumnado que formalizou a matrícula en setembro pode consultar na secretaría do centro a listaxe definitiva das axudas.

Anuncio novidades COVID-19.

IMPORTANTE:

Un novo curso dá comezo e, desde o Instituto Mestre Landín, queremos darvos a benvida. Recibimos a confirmación que este ano o curso comezará o día 23 para 1º ESO é 2 ESO, 24 para 3º ESO e 25 para 4º da ESO.  Próximamente nos poñeremos en contacto coas familias para informar do grupo no que está asignado ben por teléfono ou ABALAR móbil polo que é importante ter actualizada a aplicación. Achegamos o enlace ao resumo das novidades no funcionamento do centro respecto ao COVID-19.

Accede dende aquí: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmestrelandin/?q=node/879

 

Calendario de exames de setembro

1-2 Setembro probas extraordinarias presenciais

4 Setembro Publicación das cualificacións da proba extraordinaria no ABALAR móbil.

4 Setembro ao 10 formalización da matrícula.

7 e 9 de Setembro periodo de reclamacións.

 

Fondo solidario e libros de texto e axudas para adquirir de texto e materia escolar.

Poden consultar no taboleiro de anuncios do centro  a listaxe provisional dos "Vales de material escolar 20/21" do alumnado 1º a 4 ESO. Publicadas tamén a listaxe de libros de texto concedidos do alumnado de 3º e 4º ESO.

Libros de texto 2020-21

Entrega de equipamento E-DIXGAL

Bo día. Achegamos a notificación por parte da consellería coas instrucións para a devolución dos ordenadores do alumnado de 2º ESO (ou 1º ESO que non continúe no centro). 

Importante: é preciso que acuda o responsable para asinar a entrega no documento.

Agradecemos  que devolvades o ordenador, cargador e maletín (os lápis xa están no centro) nos seguintes horarios:

2ºESO A: 23 de xuño de 10 a 12

2ºESO B: 25 de xuño de 10 a 12

2ºESO C: 26 de xuño de 10 a 12.

 

Se teñen algunha dúbida poden contactar telefónicamente co centro.

Un saúdo

 

Fondo libros

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B)

Prazo de solicitude:  Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020

Solicitude: 

-  Fondo solidario libros

-  Axudas adquirir libros

-  Axudas adquirir material

 

Forma de presentación:

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identicación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.

-  Anexo I (Solicitude)

-  Anexo II ( comprobación de datos dos membros da unidade familiar)

-  Copia do libro de familia ou documento equivalente

-  En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademáis a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Renda:

-    A renda per cápita da unidade familiar e a suma dos recadros 435 e 460 da renda do ano 2018.

 

Prazos establecidos polo centro:

Devolución de libros: Do 19 ao 23 de xuño.

Publicación listas provisionales: 24 de xuño

Reclamacións: 2 días hábiles seguintes 25-26 de xuño

Resultado reclamacións: 29 de xuño

IMPORTANTE: PROCESO DE ADMISIÓN

ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

 

1 - RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.  (DOG do 6 de maio de 2020).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200506/AnuncioG0244-050520-1_gl.pdf

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_conselleira_07_05_2020.pdf

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.

2. Novos prazos do procedemento.

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

b) Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

MATRÍCULA do alumnado actual e de nova admisión:

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria : do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares.

Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización. Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares que se atribúen ao dito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos servizos territoriais de Inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.

 

Manual para as videoconferencias

VIDEOCONFERENCIAS

O alumnado poderá empregar un dispositivo conectado a internet e directamente facendo click no enlace que vai proporcionar o docente e poñendo o seu nome e un correo electrónico.

Equipos EDIXGAL: De ter problemas chamar ao servizo PREMIUM 881 869 900

Ordenador Windows/ Mac: ao facer click no enlace pide instalar un complemento que debemos aceptar.

Tablets ou teléfonos: debemos instalar a aplicación de Webex Meet

 

Actividade de inglés

Aquí tedes o traballo realizado polo alumnado de primeiro da ESO e  súa profesor de inglés,  noraboa¡

Publicación de cualificacións

O vindeiro venres día 3 de abril poderán consultar as notas do alumnado a través do ABALAR MÓBIL, neste enlace teñen a información necesaria para a súa instalación e activación. Poden contactar co centro para resolver dúbidas.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

IMPORTANTE: PROCESO DE ADMISIÓN

Instrucións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar  en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020

 

1. PROCESO DE ADMISIÓN

 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

Recomendacións para realización das actividades

Ten que ter en conta o seguinte para poder realizalas:

- É recomendable ter acceso a internet para realizar as tarefas, pero non imprescindible. Se por este motivo non pode realizar algunha tarefa, pode comunicarse co profesorado a través do correo electrónico para solicitar unha alternativa. En todo caso , as actividades buscan facilitar a rutina pero sen que provoquen estrés nin preocupación, dado que non son avaliables.

- As actividades non son avaliables, pero si moi importantes para que poidan recuperar o ritmo da materia cando se retomen as clases. Deben intentar manter o horario diario de clases para continuar coa rutina de actividades.

- Se queren contactar co centro é recomendable enviar un correo a iesmestrelandin@iesml.es dende a súa conta de correo iesml.es ou ao correo corporativo ies.mestre.landin@edu.xunta.es se empregan unha conta de gmail, yahoo, etc.  Importante: os correos electrónicos enviados desde a conta de iesml.es só chegan e se reciben desde outras contas iesml.es.

- Deben comprobar nas aulas virtuais que indica o profesorado, EDIXGAL, Classroom, blogs,  se hai máis recursos, materiais, actividades ou a forma de entregar as tarefas.

- Todo o alumnado e profesorado do centro conta cunha conta de correo electrónico de google pero é preciso que escriban o usuario seguido de @iesml.es. Esta conta permite enviar correos aos docentes, acceder ao google classroom e google Drive, pero non para recibir ou enviar a contas fora do @iesml.es. De non funcionar a contrasinal poden enviar un correo a ies.mestre.landin@edu.xunta.es ou a través do tlf 886151315 e poríamos en contacto con vostedes para solucionalo.
Por outra banda, o alumnado de 1º e 2º ESO ten a conta de EDIXGAL que comeza por "eda*****" e un contrasinal para acceder aos libros de texto e actividades en eva.xunta.es. Se non dispoñen deste contrasinal ou non funciona poden enviar un correo ao docente para que renove o contrasinal.

 

 

Accedendo neste enlace o alumnado pode acceder ás actividades do plan de traballo previas

 

 

Xornadas de formación en mediación

O noso centro leva varios anos buscando novos enfoques para a resolución de conflitos entre o alumnado. Ante este tipo de situacións conflitivas, foron desenvolvéndose modelos de intervención nos que son as propias partes implicadas as que atopan e acordan a solución, “a súa solución” ao problema, xerando non só uns bos resultados con respecto á resolución dos conflitos, senón tamén con respecto á prevención de futuros problemas, polo que a mellora da convivencia no centro é notoria.

A decisión de implantar esta ferramenta nos primeiros cursos de secundaria, onde comezan a aparecer os primeiros conflitos, respondeu á necesidade de anticiparse á mesma dotando ao alumnado dunha serie de coñecementos, habilidades e competencias necesarias para encarar o conflito de forma pacífica e cooperativa.

Para facilitar a adquisición de esta nova ferramenta de resolución de conflitos, como é a mediación, resultou moi recomendable realizar unha primeira etapa de formación en habilidades previas á mediación escolar. Esta está centrada no adestramento de Competencias Sociais e Resolución de Conflitos para dotar a todo o alumnado de 2º da ESO das habilidades necesarias para a convivencia e a solución pacífica de conflitos e máis especificamente para o desenvolvemento do seu rol como Mediadores/as Escolares (aqueles seleccionados para a súa formación específica).

Esta semana retomamos as sesións de formación con diferentes actividades, financiadas cunha dotación do Contrato-Programa da Consellería de Educación. Esta formación inclúe temas como a asertividade e a intelixencia emocional. Destaca a importancia dos factores cognitivos (crenzas, valores, formas de percibir e avaliar a realidade), emocionais e a súa importante influencia na comunicación, as relacións interpersoais e a resolución de conflitos.

Así, preparando ao alumnado neste tipo de habilidades, fomentarase un axeitado funcionamento psicolóxico, académico, social e emocional, o que facilitará o enfrontamento e resolución de conflitos de forma axeitada, pacífica e dialogada. Todo isto redundará, sen lugar a dúbidas, nun clima máis positivo e na mellora da convivencia no centro e na súa próxima vida adulta.

Distribuir contido