O alumnado dos ciclos de Comercio Internacional e de X. Comercial e Marketing visitaron osdías 10 e 17 de Novembro, respectivamente, as instalacións de Inditex no polígono de Sabón en Arteixo. Visitarónse as seguintes áreas: sección de informática, área de deseños e patronaxe, tendas piloto, área de cosmética e almacén, onde se observou o movemento da roupa polos ares para ser embalada nas caixas e contedores para a distribución. A duración da visita foi de duas horas aproximadamente e os profesores acompañantes foron Amalia Casabella e Juan Carracedo respectivamente.
Departamento de Comercio e Márketing: actividades
A Fundación Ronsel (inserción sociolaboral e fomento do emprego) convocou o primeiro concurso EMPRENDE NO TEU BARRIO para o alumnado de ciclos formativos Xestión de Vendas e Espazos Comerciais: Graciela Recarey e Lola Antela, co proxecto Tenda ecolóxica, venda de semillas, abonos, plantas e realización de talleres (hortos urbans) na zona de Zalaeta de distintos Institutos da Coruña. No concurso participaron alumnos dos tres ciclos do noso instituto, quedando finalistas os tres proxectos. O total de finalistas foi de 10 de entre 94 proxectos presentados na Coruña.
Comercio Medio: Paloma Barcia co proxecto Local multidisciplinar para a realización de xogos, talleres e zona para perros na Zapateira
Comercio Internacional: Dario Rua, Julián David y Lydis Gestal co proxecto Galikebap, KebapGalego en zona centro
Parabens a todos
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer