Punto Laranxa contra o acoso escolar

Educación Física

Xuntanza gastronómico-astronómica: "Unha noite non é nada"

15/06/2013 18:30
Etc/GMT+1

O NOSO UNIVERSO NUN DÍA... E PARTE DUNHA NOITE! Ler máis...


Campeóns do Torneo Intercentros de Fútbol 11


O pasado xoves, 16 de maio, ZALAETA PROCLAMOUSE CAMPEÓN na final do torneo INTERCENTROS DE FÚTBOL 11, cun  contundente resultado de 5-1.
Este ano o claro favorito era o IES Monte das Moas. Pero, no vestiario o Mister expuso as claves psicolóxicas e tácticas do partido moi convincentemente. Os adestradores e xogadores  estiveron moi mentalizados e acertados de principio a fín. Monte das Moas por momentos parecía anulado dada a nosa superioridad. Os goles foron finalizacións de xogadones de equipo, marcando Pedrito e Elías e Pedrito, Daniel, Pedrito. O partido tivo momentazos moi brillantes, non resultando o xogo deslucido pola intensa choiva. Nas bancadas  animando e dando saltos de alegría, moi felices pola actitude comprometida e deportiva amosada, e polos GOLAZOS DO NOSO EQUIPO!!
 
GRAZAS as personas implicadas na organización do torneo,  xogadores,  arbis,  fotógrafo,  xente que foi animar,  familias comprometidas na formación integral dos seus fill@s, direccións, profesorado, adestradores,  que permiten que o deporte teña presenza e trascendencia nos colexios e institutos.
MOITAS GRAZAS !! Entre tod@s fixemos que este torneo sexa tan especial pola motivación enorme con que acudimos os equipos de cada centro escolar.

Somos moi felices portando na nosa vitrina a copa desta edición 2013.

O ANO QUE VEN ZALAETA VAI PRESENTAR UN EQUIPO DE CHICAS!!


Do 6 ao 10 de Maio: Semana de PARKOUR en Zalaeta


Nas clases de Educación Física e nos recreos tedes a especialistas neste deporte axudándovos, na práctica, a descubrir de que vai o Parkour. Os que xa o practicades disfrutaredes moito, e podedes facer un vídeo destas prácticas tan chulas no instituto. Axudaranvos en todo o que precisedes.

Para pais...


Escalando tocamos o ceo!!


Este sábado fomos de andaina pola nosa selva galega: As Fragas do Eume, con tempo libre para xogos e risas, para pechar os ollos en silencio e conectar coa enerxía vital do despertar da natureza.

Hai primavera!! na alma destes moz@s galegos; porque coñecen, valoran, preservan e gozan do noso patrimonio natural e cultural.

A guinda deste rico pastel foi a ESCALADA!!   FOI UNHA AUTÉNTICA GOZADA!!

Aquí tedes un anaquiño do que foi un día cheo de complicidade, de saciar curiosidades e de loitar por conseguir retos personais.  Na foto Mariquiña axudando a Ana a sentirse segura e con ánimo para chegar máis arriba


Rafting no río Ulla e orientación

30/04/2013 08:30
30/04/2013 16:00
Etc/GMT+1

Martes, 30 de abril

Alumnado que participa:

CURSOS: 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato.

GRUPOS: Ver listado.

  • Hora de saída: 8:30 h.
  • Hora de regreso: 16:00 h. aproximadamente.

ACTIVIDADE: Descenderemos un tramo do río Ulla de dificultade media-baixa, duración aproximada de 1 hora a 1:30´. Tempo ao que hai que engadirlle 2 horas de preparación e traslado ata o punto de embarque. Orientación en pequenos grupos seguindo unhas pistas. Comida, xogos e tempo libre ao carón do Convento de Herbón.

Profesorado acompañante:

  • Conchita García Rivero.
  • Beatríz Méndez Mareque.

Percorrido polas Fragas do Eume e práctica de escalada

20/04/2013 09:30
20/04/2013 19:30
Etc/GMT+1

Sábado, 20 de abril

Participantes: Alumnado de 1º e 2º de ESO, e tamén poden vir pais interesad@s, e profes.

Prezo: O prezo total  do grupo é de 150 € é dicir se van 30 alumn@s sae en 5 €, máis os 3 € do autobús.

ACTIVIDADE: Ver un vídeo na aula de natureza, camiñar preto do Eume, comer, xogar e escalar.

Profesorado acompañante:

Conchi García Rivero (Profesora de Educación Física).

Patricia Martínez Leyenda (Profesora de CC. Naturais).

Ver programa completo


Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer