O Departamento de Educación Física organizou, unha vez máis, a saída ao rocódromo, á que asistiu alumnado de 1.° da ESO.
Pouquiño a pouco imos recuperando a nosa actividade. O Departamento de Educación Física organizou unha saída para 3° e 4° da ESO: escalada e sendeirismo polo Xalo e Celas de Peiro. Sen dúbida, o mellor xeito de desfrutar da contorna e ...mover o cu!
Enerxía e adrenalina no río Ulla!! O martes 1 de xuño o alumnado de 4° da ESO puido realizar esta actividade ao aire libre coa colaboración da empresa Arrepions. Está claro que as imaxes falan por si soas O noso agradecemento tamén ao profesorado acompañante: Fran Soto e María José Bastón. Seguimos, co noso "Zalaeta Cara Adiante" por bandeira!
O mércores 25 de maio o alumnado de 1º de BAC fixo unha excursión pola ría de Ferrol. A visita foi moi completa, pois houbo percorrido cultural polo Ferrol histórico, guiado pola profesora Ana López, roteiro de sendeirismo que culiminou na Fervenza de Belelle e paseo en lancha ata Mugardos. E, por se fora pouco, o tempo foi estupendo. Os profesores que acompañaron aos rapaces foron, ademais de Ana, Fran e Emilia.
Nestes días o alumnado de 1º da ESO participa nesta actividade no Rocódromo Riazor, organizada por Ismael, profesor de Educación Física.
Actividade organizada por Galisurf en colaboración co Departamento de Educación Física.
Toda a información dispoñible nos documentos adxuntos.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer