Queremos facervos partícipes da emoción e ledicia que sentimos despois de recibir esta mensaxe de agradecemento dos traballadores e traballadoras da UCI Covid do CHUAC da Coruña, que recibiron unha das postais de Nadal que enviou hai uns días o EDLG. Prestade atención á mensaxe que nos piden que vos fagamos chegar, é para VÓS, é para NÓS. Bo Nadal!
Buenas tardes,
Arquitectura sen Fronteiras, ONG de desenvolvemento fundada en 1992, segue a colaborar co noso centro. Son xa varios anos no Zalaeta con labores de recibimento do alumnado de 1° da ESO a comezos de cada curso, con traballos de mellora do patio escolar, programas de mellora da convivencia, etc. Este curso engaden ademais o inicio do proxecto “Participar para coidar”, que leva un chisco de retraso polo confinamento, pero do que iredes tendo novas pouco a pouco.
: a través da cultura, as alumnas e os alumnos poden descubrir novos mundos e intereses, e dar con novas respostas. Agradecemos a iniciativa desenvolvida pola Anpa IES Zalaeta - Campo da Leña coa colaboración da Deputación da Coruña.
Alumnado de Tecnoloxía Industrial (1º BAC) e de Tecnoloxía bilingüe (3º ESO) visitou Energy Challenge, unha experiencia itinerante e innovadora para achegar aos máis novos, e ao público en xeral, coñecementos actualizados sobre a transición enerxética, a economía circular, a calidade do aire e as novas tecnoloxías enerxéticas.
Dous proxectos de Zalatecno e Deseño e Son seleccionados na edición de Galiciencia 2020. "Fichas Braille" e "Planos táctiles" participan na categoría de secundaria. Entra na web de Galiciencia e coñece máis sobre estes e outros proxectos participantes.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer