Punto Laranxa contra o acoso escolar

15 de maio. Correlingua 2014. "O Paso adiante"

 


 

15 de maio de 2014 - Correlingua

Manifesto 2014

"O paso adiante"

E nunca máis un paso atrás, NUNCA MÁIS!!!!

Trazamos un camiño
que arranca esta mañá co Cola-Cao e os cereais.
Bos días en galego, por que non?
Espreguízome con Doraemon, que saca do seu peto máxico o Xabarín Club.
Baixo os chanzos da escaleira, saio da casa co pé dereito, coa mochila e co noso galego.
E xa estou no mundo, no meu  mundo, no teu mundo galego!!

............................

O manifesto completo neste enlace

 


Benvido 3º Bimestre. Rafting no Ulla

 


Un grupiño de 2º ciclo e 1º Bach. demos a benvida a este 3º bimestres moi intenso e curtiño, facendo RAFTING no río Ulla, sentindo subidón e liberdade. E orientámonos nun plano, xogando, recitando, bailando, entrevistando, rindo, creando, compartindo, e APRENDENDO!! 

Baixo unha carballeira non estamos expostos aos ruídos, e a dureza do cemento da cidade. Polo tanto a que ven berrar para falar ou poñer música? É como querer dicir "Eee que estou aquí" en vez de escoitar o son da auga, dos ventos, os cantos dos paxaros, facendo unha conversa rica... Conectar e gozar da natureza implica unha actitude serena e tranquila, un espíritu de renovación e gratitude. 

Por se alguén quere ver o vídeo ou os contidos teórico-prácticos ampliados destas actividades:  http://www.movendocu.blogspot.com.es
GRAZAS, O VÍDEO MOLAAA!!!!!!



 


Aprendendo fora da aula !!!

 


 

O pasado xoves 3 de abril o alumnado de Hª da Arte fixemos  a nosa visita obrigada a Santiago de Compostela.

Aprendemos, paseamos e non deixamos de preparar a omnipresente selectividade: o mestre Esteban, o mestre Mateo, Domingo de Andrade, Simón Rodríguez,  Casas Novoa  e  Peter Eisenman acompañáronnos no noso percorrido  (arquitectura variada para dar e tomar!) Como non perdemos o tempo, tamén tivemos ocasión de ver parte do Patrimonio da Universidade e comer tranquilamente os nosos bocatas na cafetería da Facultade  Medicina como protouniversitarios que somos.

Para repetir!!


 


"El arte de vivir" o noso grupo de IOGA

 

 


 

"El arte de vivir"

Grupo de IOGA

Estamos desenvolvendo técnicas e boas prácticas moi interesantes para aprender a sentirnos mellor. 

Se alguén esta interesad@ en incorporarse, as actividades son os martes de 18:00 a 19:00.

Se queredes mais información podedes atopala neste enlace

 

http://www.escuelamahashakti.com/general

 


QUEN DIXO MEDO?. Escalada no Monte Xalo

11/04/2014 16:00
Etc/GMT+1

Quen dixo medo?

 

Escalada no Monte Xalo

 

O alumnado de 1º da ESO demostrounos que saben superarse e chegar con corazón e cabeciña ata onde se propoñen


Concurso de relato oral "Tíralle da Lingua"

24/04/2014 00:54
Etc/GMT+1

 


 

 

Concurso de relato oral

Tiralle da Lingua

Santiago de Compostela

Xoves 24 de abril

 

Participación do alumnado:

Pedro Fdez Lago (3ºA)

Lois Rivera López (3ºA)

Francisco Miguens Leal

(1º Bach) 

 

Mais información no seguinte enlace


Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer