O proxecto "APLICACIÓNS DIDÁCTICAS SOBRE A GALICIA INDUSTRIAL" no que participa o noso centro en colaboración co IES Agra do Orzan e o IES Salvador de Madariaga, foi calificado como EXCELENTE na convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería para o curso académico 2013/2014, sendo un dos cinco proxectos que acadaron a máxima puntuación, polo que recibirá un premio de 2000 €.
A nosa felicitación e recoñocemento polo esforzo e compromiso co ensino do profesorado e alumnado participante no proxecto.
NORABOA !!!!!!!
Os días 28-29-30 de Marzo uns especialistas de Jugger estiveron con nós facendo unha demostración e logo entramos en combate...
O Jugger é unha práctica deportiva moi divertida e desestresante.
Moitas grazas a: Tony, Martín López, Martín rizos, Paulo, Hans, Álvaro Domadragóns, Nicolás, Diego e Lucía.
GRADUACIÓN 2014
O pasado venres 23 de maio, celebramos a festa de graduación para o alumnado de bacharelato. Neste video podes ver tal e como eran ata chegar ao que son: FORMIDABLES!!!!!!!. Unha divertida imaxe do seu pasado e presente.
IES Zalaeta - Graduación 2014 - VIDEO biográfico
No seguinte enlace terás acceso as fotos de grupo que se fixeron coas familias e compañeiros.
IES Zalaeta - Graduación 2014 - ALBUM de fotos
E aqui tedes a montaxe do video da festa de graduación, protagonizada por vosoutros e que prepararon o alumnado do Obradorio de Iniciativas Emprendedoras de 3º da ESO.
IES Zalaeta - Graduación 2014 - VIDEO da festa
Durante o presente curso temos a sorte de poder contar cunha axudante lingüística COMENIUS, la profesora Mª Cristina Bartoli que procedente de Molfetta- BARI (ITALIA), desenvolve tarefas de aprendizaxe em língua estranxeira ao alumnado de Italiano, ademais de impartir clases de lingua e cultura italiana ao profesorado do centro.
Durante quest’anno scolastico abbiamo la fortuna di contare sull’aiuto dell’asistente linguistica COMENIUS, la professoressa Maria Cristina Bartoli, proveniente da Molfetta- BARI (ITALIA), che ha svolto attività di insegnamento in lingua straniera agli alunni di italiano, dando anche lezioni di lingua e letteratura italiana al personale docente. |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer