Punto Laranxa contra o acoso escolar

TORNEO DE FÚTBOL

 

Finalizado o Torneo de Fútbol, cos seguintes premiados:
- Meriendapalomas
- Skibidi Toilet
- 15002: mellor equipo mixto
- Martín Seoane: máximo goleador con 17 tantos
Parabéns! ⚽️⚽️

GIRA JÓVENES COCACOLA

Mentres agardamos polos resultados da fase actual dentro de #GiraJóvenesCocaCola , o 10 de maio desprazámonos a Madrid para participar na formación de profesorado participante no proxecto. Nesta formación puidemos intercambiar experiencias, inquedanzas e os novos retos da FP con profesorado de toda España, coñecer experiencias de éxito na FP e traballar a importancia das 'soft skills' no alumnado e cara a procura de emprego. @cocacola_esp
Desexamos moita sorte ao alumnado de 1.° de ciclo medio de Actividades Comerciais que está a participar

CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2.º BAC 2023-2024

ERASMUS +

Nestes días recibimos a visita a profesorado participante no programa Erasmus+ [KA132 e KA121]. Por unha banda, visitounos Karim Boultan, profesor de lingua castelá en ciclos formativos no Lycee Colbert de Marsella. Por outro lado, Luca e Martina, procedentes do centro de acreditación de competencias profesionais Erifo, en Roma.

 

CHARLA SOBRE OS SINDICATOS

O Departamento de Formación e Orientación Laboral organizou unha charla baixo a temática: "representación sindical, negociación colectiva e dereitos dos traballadores e traballadoras", impartida por Roberto Pérez Vila, representante dos traballadores e traballadoras de Inditex.
A esta formación asistiu o alumnado de FOL de 1.° curso de Actividades Comerciais, Xestión de Vendas e Espazos Comerciais e Comercio Internacional.
 
 

EDUINSPIRA

 

Un curso máis, o centro participa no programa #Eduinspira , organizado pola @camaracoruna e @edu.xunta
Nesta ocasión, a xornada estivo dirixida ao alumnado de ciclos formativos, quen puido coñecer experiencias de emprendemento por parte de axentes do mundo empresarial que achegaron as súas propias vivencias para fomentar así o espírito emprendedor nos mozos e mozas.
 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer