Punto Laranxa contra o acoso escolar

Viaxe a Madrid e a Toledo

Os departamentos de Historia e Filosofía organizan unha viaxe a Madrid e a Toledo para o mes de febreiro. O número máximo de alumnas e alumnos que poderán asistir é de 23. Terá prioridade o alumnaddo de Hª da Arte,  de 2º de Bacharelato, en xeral, e de 1º de Bacharelato por esta orde.

 

Mais información no arquivo adxuntado.

Obradoiro de sensores de IGACIENCIA

Alumn@s de 4º de Tecnoloxía de 4º de ESO , de TICs e de Tecnoloxía Industrial participaron este luns día 17 no Obradoiro de sensores dentro do Programa Inventa en Galego organizado por Igaciencia

 
O alumnado de TICs tamén está a participar no concurso Inventa en galego co deseño de aplicacións móbiles.
 

De que vai o concurso?

Centrarase en experimentos con sensores con Arduino e Lego.

O mesmo grupo visitou a Fundación TIC e fixo o seu propio programa de televisión. En canto estea subido, colocaremos aquí a ligazón

Visita a Inditex

Visita Inditex do ciclo medio de comercio o día 23 de outubro.

A ciencia dos superheroes

Espectáculo de ciencia de educaBarrié, a canle para a comunidade educativa da Fundación Barrié, que trata aspectos de Física, Química, Bioloxía e Matemáticas para alumnado de Secundaria e Bacharelato.

Comezamos!!! Ioga, esgrima ... baile

Outonía

 

COMEZAMOS!!! Risa   É OUTUBRO. Veñen tempos de outonía. Procuremos alegría!!

Gustaríanos que neste instituto ninguén quedase sen facer actividade física polas tardes.

E nós ofertamos estas interesantes propostas:

 

 

VOLEI – LUNS / MÉRCORES / VENRES de 17:00- 18:30


ESGRIMA – LUNS / MÉRCORES de 19:00- 20:30


PARKOUR- XOVES de 16:10 / 18


IOGA OU BAILE MODERNO- MARTES de 18- 19

Calquera aclaración preguntade ao profesorado de EF.

BOLSAS E AXUDAS DE CARÁCTER XERAL

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca  bolsas para o curso 2014-2015.
As bolsas están dirixidas,  entre outros,  aos estudos  de Bacharelato e Formación Profesional.
O prazo de presentación de solicitudes termina o 30 de setembro.

Tipos de bolsas e contía:
Contías fixas para todos os solicitantes que reúnan os requisitos:
Bolsa básica: 200 €
Contía fixa asociada á residencia durante o curso escolar: 1.500€
Contía fixa asociada á renda: 1.500€
Contía variable: O seu importe resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar.
Requisitos académicos:
1º Bacharelato obter polo menos 5,50 puntos de nota media en 4º de ESO.  Non repetir no curso actual.
1º Ciclo formativo de grao medio de F.P: Estar matriculado. Non repetir no curso actual.
1º Ciclo formativo de grao superior de F.P.:  Obter polo menos 5,50 puntos de nota media en 2º de Bacharelato, proba de acceso ou curso de acceso. Non repetir no curso actual
2º Bacharelato:  Non repetir no curso actual. Superar no curso anterior todas as materias, salvo unha. Agás para quen repetiu no curso anterior, que debe aprobar totalmente o curso anterior.
2º Ciclo formativo de grao medio ou superior:  Non repetir no curso actual. Superar no curso anterior polo menos o 85% das horas totais do curso. Excepto para quen repetiu no curso anterior, que debe aprobar totalmente o curso anterior.
Requisitos económicos:
Atendendo os ingresos que perciba a unidade familiar no ano 2013 e aplicando deducións para determinadas situacións (familias numerosas, solicitantes discapacitados, etc.) pódese obter diferentes tipos de bolsas. Para iso establécense uns limiares ou límites de renda.

 

Limiar 1
limiar 2
limiar 3
Familias de 2 membros

7.278,00 €

 22.594,00 €

 24.089,00 €

Familias de 3 membros

10.606,00 €

 30.668,00 €

 32.697,00 €

Familias de 4 membros

13.909,00 €

 36.421,00 €

 38.831,00 €

En función destes limiares, terase dereito aos seguintes compoñentes da bolsa:

Aqueles solicitantes cuxa unidade familiar obteña ingresos inferiores ao limiar 1, poderán ter dereito:  
Contía fixa asociada á renda (1.500€)
Contía fixa asociada á residencia (1.500); se ten necesidade de residir fóra do domicilio familiar.

Contía variable.
Aqueles solicitantes cuxa unidade familiar obteña ingresos superiores ao limiar 1 pero inferiores ao limiar 2:
Bolsa básica (200,00 €)
Contía fixa asociada á residencia (1.500 €); se ten necesidade de residir fóra do domicilio familiar durante o curso.
Contía variable.

Aqueles solicitantes cuxa unidade familiar obteña ingresos superiores ao limiar 2 pero inferiores ao limiar 3, unicamente poderán ter dereito á bolsa básica (200,00€)

Este é o enlace directo para comezar o proceso de solicitude:
https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=574
Se precisas máis información aquí podes atopala:
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/bachillerato/beca-general.html

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer