Punto Laranxa contra o acoso escolar

Paula González Cortacans: Nacer con reloxo

"Pode que esa “madurez” sexa o resultado de repensalo todo tantas veces, é o froito da indecisión, da dúbida, da empatía, da reflexión como afección no día a día"

 

 

Paula González Cortacans estuda 1º de Bacharelato. Acaba de gañar o Segundo Premio na III edición do Premio ensaio subversivo Guillermo Domínguez. O título do ensaio “Nacer con reloxo.

- Como se pode “nacer con reloxo”?

- Todas e todos nacemos con el, porque para min significa vir ao mundo coa obrigación de seguir unha planificación social e cultural á que somos totalmente alleas, non temos capacidade para modificala, e é por tanto coma se levásemos un reloxo implantado no interior desde sempre, marcando o que debemos facer en cada momento da nosa vida.

- Quen é Robin Rêve?

- Robin (aparte do seudónimo utilizado no concurso) é, por dicilo dalgunha maneira, esa parte que non existe fisicamente, a idea xeral, o pensamento, eu como unha simple mente...

- ... e quen é Paula González?

- Paula engloba tanto a parte física como a intanxible. O pseudónimo ven de que Robin é un nome anglosaxón que me gusta moito e co que se denomina en inglés ao paporrubio; e de rêve (“soño” en francés) que no plural galego é un palíndromo (soños).

- O xurado destaca neste traballo a "súa orixinalidade formal, soltura expresiva e madurez xeral". De onde procede esta madurez?

 

- Non quero para nada presumir de madurez, porque non son ningún prodixio. Pode que esa “madurez” sexa o resultado de repensalo todo tantas veces, é o froito da indecisión, da dúbida, da empatía, da reflexión como afección no día a día.

- Eis algunhas outras consideracións do xurado: “Os seus contidos, encadrados nunha reflexión metafísica e vivencial sobre o sentido da vida e da existencia, reflicten autenticidade e frescura, non esquecendo a época na que se vive e nutríndose de referencias literarias e cinematográficas” . A que referencias literarias e cinematográficas se refere?

- No ensaio en particular decidín facer referencia ao libro de Irvine Welsh, Trainspotting, o cal lin o verán pasado, e que deixou certa pegada ideolóxica en min. Foi unha lectura dura e desagradábel en ocasións, pero sempre didáctica (ao seu modo) e que me forzaba a razoar continuamente sobre ideas preestablecidas ou novos conceptos, podería dicir que esa cita inicial do ensaio é un pequenísimo e alleo resumo do que pretendía expresar nel. Tamén fixen referencia á película O show de Truman, na que vin un claro e ficticio exemplo da extraña realidade na que nos confinamos a nós mesmos. Xeralmente gústame facer referencias literarias e cinematográficas porque considero ambas artes fontes de inspiración e de coñecemento.

-Que confluencia ves, ou non, entre literatura, cinema e realidade?

- Hai una enorme e clarísima confluencia e consiste simplemente en que literatura e cinema son puras representacións da realidade, ambas son as fillas inertes de persoas que pretendían amosar a súa parcela de verdade ou perspectiva sobre a vida. Facendo outra referencia máis, citarei a John Keating en O clube dos poetas mortos: “A medicina, o dereito, o comercio, a enxeñería… son carreiras nobres e necesarias para dignificar a vida humana. Pero a poesía, a beleza, o romanticismo, o amor… son as cousas que nos manteñen vivos”, e nesa enumeración, eu engadiría calquera forma de arte.

X.C.

Graduación 2º Bacharelato

Travesía de Zalaeta, maio de 2015.

 

Se vas emprender a viaxe a Ítaca,

pide que o camiño sexa longo,

rico en experiencias, en coñecemento

[...]

Ten sempre Ítaca na memoria.

Chegar alí é a túa meta.

(K. Kavafis)

 

XX Día da Ciencia na rúa

 

Visita igrexa de Santiago

Alumnado de relixión visitou a igrexa de Santiago

Vive o mar


Dentro da actividade "VIVE O MAR" fixemos a práctica de piragüismo en K-1 e K-2  na ría da Coruña da man da S.D As Xubias, que ten a sede en Oza.

Para quen queira achegarse máis ao mar, un sitio onde nos tratan fenomenal!!


"Aínda que somos dunha cidade con porto de mar, vivimos bastante de costas a el, os nosos alumun@s non sabían que "pescaban" eses homes e mulleres do mar..."
E tamén fixemos rafting

 


Quen fixo rafting algúnha vez sabe de que emocións de subidón falamos nos ocos do río Ulla... Con Arrepións baixamos segur@s, coñecen o río como se fora noso...

O NOSO EXALUMNO MANUEL SOTO LÓPEZ CAMPIÓN DE DEBATE.

Parabéns, Manuel, é un orgullo para o noso instituto o teu logro.

Para ver información completa consultade:

http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2015_03/noticia_0115.html

 

 

 

 

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer