Onte, 17 de xullo de 2023 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.
Pódense consultar en:
- Taboleiro de edictos
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=18118
- Páxina web de servizos sociais
- Taboleiros dos centros cívicos municipais
As persoas beneficiarias de bolsa deberán realizar, no prazo habilitado por cada entidade xestora do comedor, os trámites necesarios (matrícula, reserva de praza...) para dispor dunha praza que permita a súa incorporación ao servizo de comedor durante todo o período subvencionado.
O prazo para a presentación das alegacións é de 10 días hábiles, do 18 de xullo ao 1 de agosto de 2023, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Formación para os cursos 2023-2025
Estadía formativa compartida entre centro educativo e empresa
Retribución durante o tempo de estadía formativa na empresa
Máis información: 981 20 30 00 - ies.menendez.pidal@edu.xunta.gal
O alumnado de 4.° da ESO celebrou hoxe a súa particular graduación. Un acto conxunto coas súas titoras no que lembrar as experiencias compartidas durante estes catro anos e desexar o mellor aos seus compañeiros e compañeiras nos novos camiños que están a piques de comezar. Boa sorte!
Bolsas comedor
Hoxe 22 de xuño de 2023 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe de requirimento de emenda de documentación das solicitudes da convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2023/2024. Pódense consultar en:
- Taboleiro de edictos https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=18006
- Páxina web de servizos sociais https://www.coruna.gal/servizossociais/gl/detalle-contido/bolsas-comedor-publicacion-de-lista-de-requirimentos-de-correccion/suceso/1453839900042?argIdioma=gl
A listaxe cos requirimentos de emenda de documentación, identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado e se referirá á acreditación do cumprimento de requisitos do apartado 6 e documentación do apartado 10 da convocatoria (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente SI terase por desistida a solicitude); así como da corrección da documentación xustificativa doutras circunstancias a valorar distintas da situación económica da unidade familiar do apartado 11 (en caso de non atender a este requirimento ou non facelo adecuadamente NON se terá por desistida a petición).
O prazo para a presentación da documentación requirida é do 23 de xuño ao 6 de xullo, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Atentamente,
Bolsa Comedor
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer