Punto Laranxa contra o acoso escolar

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MONTE ALTO

 

O alumnado do Club de Lectura de 1.° ESO C visitan en profundidade os servizos da Biblioteca Municipal de Monte Alto. A finalidade buscada é coñecer os servizos da nosa contorna para colaborar e aprender dentro e fóra das aulas.

ANTENA XUVENIL

Un curso máis, presentamos á nosa Antena Xuvenil, formada por Lola e Noelia, alumnas de Comercio Internacional e de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais, respectivamente.
Elas serán este curso as nosas 'Correspondentes', traéndonos semanalmente a información en material xuvenil, que poderedes consultar no taboleiro da entrada do instituto e no perfil de Instagram @zalaeta.conectate

ESCAPARATE MUNDIAL DE FÚTBOL

O Mundial de fútbol tamén se xoga en Zalaeta! Daniel, Víctor, Miguel e Ismael, alumnos de 2° de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais dual, preséntannos este "vestiario" particular que serve de escaparate para unha tenda de roupa deportiva.

PREMIOS ZALACANCELO

Os #Zalacancelos para este curso do #50aniversario son:
✔️#ZaLaniversario, proposto por David A. na categoría ESO
✔️#ZalaFesta, proposto por Francisco G., alumno de ciclos formativos
Parabéns aos dous polo voso premio e grazas a todas as persoas participantes!

AVISOS ABALAR

Debido a fallos na apliación Abalar comunicamos que os grupos :

- 1º ESO B

- 1º ESO D

 

Saíran hoxe ás 13:20 horas por falta do profesorado de 6ª hora .

 

Equipo directivo

PODCAST

Hai dous cusos comezou a funcionar 'O Son das Aulas', a radio do instituto. Nesta semana un grupo de profesorado do centro recibiu formación na elaboración de podcast para poñelo en práctica e continuar coa programación da radio. Mentres agardamos novos programas, lembramos a ligazón de SPOTIFY para que poidades escoitar os anteriores.

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer