Punto Laranxa contra o acoso escolar

VIAXE Á NEVE - JACA 2023

A nosa expedición a Jaca xa está de volta despois de 5 días intensos de convivencia, esforzo, traballo en equipo e aprendizaxes que nos acompañarán sempre. Voltamos cansos, pero moi satisfeitos e satisfeitas por todo o compartido e aprendido!

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición:

O prazo de solicitudes abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

 O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da  orde. 

 O formulario normalizado será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado”, e na páxina web da Consellería.

 

 

 LIGAZÓN PARA MÁIS INFORMACIÓN

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867

PODCAST - CLUB DE LECTURA

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Nestes días de vacacións, aproveitamos para compartir con vós o primeiro programa podcast de "O Son das Aulas". Nesta ocasión, é o alumnado do Club de Lectura de 1.º ESO C quen se encarga de compartirnos as súas impresións sobre o libro "La lección de August". Animámosvos a que leades este libro e a que escoitedes o podcast, xa dispoñible en:
✅Spotify: https://open.spotify.com/episode/0zhR9uOUJqP4qzV5nafnBB?si=7be81b1458fd472c

VISITA A MALASA

O 16 de decembro o alumnado dos ciclos superiores de Comercio Internacional e de Transporte e Loxística tiveron a oportunidade de visitar e coñecer as instalacións de @grupomalasa Unha ocasión para ver de primeira man o funcionamento desta gran empresa, que colabora tamén formando a alumnado do centro dentro do programa de FP Dual.

TEATRO - A LIORTA

 

O 14 de decembro tivemos a oportunidade de gozar da versión galega da obra 'A Liorta, (Voltaire/Rousseau) ', que nos achegou ao salón de actos do noso Instituto a compañía Avelaíña Teatro de Pontevedra. A obra está dirixida por Antón Simón e interpretada polos actores Xulio Leal e Miguel Anxo Martín. Trátase dunha peza baseada no orixinal de Jean-François Prévand con tradución a cargo de Mar Miravalles Gallo.

O Departamento de Filosofía programaou para todo o alumnado de Bacharelato este encontro entre os dous grandes referentes do pensamento ilustrado, unha obra interesante para lembrar a necesidade dos debates filosóficos na actualidade. Sen obviar a presenza de bulos, como ruído na discusión, tamén noutras épocas.

 

Interesante debate sobre dous modelos de sociedade ante a nova realidade social  de finais do S. XVIII, Rousseau acusa á Razón que defende Voltaire da aparición de grandes monstros coma o capitalismo, a escravitude laboral, a alienación e a propiedade privada. O inspirador do romanticismo e do socialismo demanda un reseteo da civilización creada para que nazan sociedades que respecten a natureza e a igualdade. Pola súa parte, Voltaire defende a Razón como elemento central das sociedades burguesas.

 

 

Un diálogo intenso no escenario que nos dará motivos de reflexión.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer