O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para o curso 2014-2015.
As bolsas están dirixidas, entre outros, aos estudos de Bacharelato e Formación Profesional.
O prazo de presentación de solicitudes termina o 30 de setembro.
Tipos de bolsas e contía:
Contías fixas para todos os solicitantes que reúnan os requisitos:
Bolsa básica: 200 €
Contía fixa asociada á residencia durante o curso escolar: 1.500€
Contía fixa asociada á renda: 1.500€
Contía variable: O seu importe resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar.
Requisitos académicos:
1º Bacharelato obter polo menos 5,50 puntos de nota media en 4º de ESO. Non repetir no curso actual.
1º Ciclo formativo de grao medio de F.P: Estar matriculado. Non repetir no curso actual.
1º Ciclo formativo de grao superior de F.P.: Obter polo menos 5,50 puntos de nota media en 2º de Bacharelato, proba de acceso ou curso de acceso. Non repetir no curso actual
2º Bacharelato: Non repetir no curso actual. Superar no curso anterior todas as materias, salvo unha. Agás para quen repetiu no curso anterior, que debe aprobar totalmente o curso anterior.
2º Ciclo formativo de grao medio ou superior: Non repetir no curso actual. Superar no curso anterior polo menos o 85% das horas totais do curso. Excepto para quen repetiu no curso anterior, que debe aprobar totalmente o curso anterior.
Requisitos económicos:
Atendendo os ingresos que perciba a unidade familiar no ano 2013 e aplicando deducións para determinadas situacións (familias numerosas, solicitantes discapacitados, etc.) pódese obter diferentes tipos de bolsas. Para iso establécense uns limiares ou límites de renda.
|
Limiar 1 |
limiar 2 |
limiar 3 |
Familias de 2 membros |
7.278,00 € |
22.594,00 € |
24.089,00 € |
Familias de 3 membros |
10.606,00 € |
30.668,00 € |
32.697,00 € |
Familias de 4 membros |
13.909,00 € |
36.421,00 € |
38.831,00 € |
En función destes limiares, terase dereito aos seguintes compoñentes da bolsa:
Aqueles solicitantes cuxa unidade familiar obteña ingresos inferiores ao limiar 1, poderán ter dereito:
Contía fixa asociada á renda (1.500€)
Contía fixa asociada á residencia (1.500); se ten necesidade de residir fóra do domicilio familiar.
Contía variable.
Aqueles solicitantes cuxa unidade familiar obteña ingresos superiores ao limiar 1 pero inferiores ao limiar 2:
Bolsa básica (200,00 €)
Contía fixa asociada á residencia (1.500 €); se ten necesidade de residir fóra do domicilio familiar durante o curso.
Contía variable.
Aqueles solicitantes cuxa unidade familiar obteña ingresos superiores ao limiar 2 pero inferiores ao limiar 3, unicamente poderán ter dereito á bolsa básica (200,00€)
Este é o enlace directo para comezar o proceso de solicitude:
https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=574
Se precisas máis información aquí podes atopala:
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo-servicios/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/bachillerato/beca-general.html
AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO
· Modalidades:
Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta.
Axudas para programas complementarios, para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.
· Destinatarios:
Alumnado escolarizado en centros educativos que acredite a necesidade específica de recibir apoio educativo e reúnan os seguintes requisitos:
Xerais: acreditar a necesidade específica de apoio educativo, de acordo co requirido nas bases da convocatoria para distintas situacións e tipos de axuda a conceder.
Económicos.
· Dotación: A contía a conceder terá distintos compoñentes, en función dos requisitos e circunstancias do solicitante.
· Prazo de presentación: Até o 30 de setembro de 2014
Máis información:
CURSO 2014 – 2015
PRESENTACIÓN DE ALUMNOS NO SALÓN DE ACTOS:
Luns, día 15:
1º ESO: 11:30 h.
2º ESO: 12:00 h.
3º ESO: 12:30 h.
4º ESO: 12:45 h.
1º BAC.: 13:00 h.
2º BAC.: 13:15 h.
CICLOS: 13:30 h.
Comezo das clases: Martes, 16 de setembro, ás 8:30
CONVOCATORIA DE SETEMBRO. BANCO DE LIBROS
Horario: 10:30-12 e 16:30 a 18 horas
SOCIOS DA ANPA: Entregan libros o 8 de setembro
NON SOCIOS: Entregan libros o 9 e 10
TODOS RECOLLEN libros o 11 e 12
O Concello da Coruña convoca 50 bolsas para facer prácticas formativas durante 9 meses en empresas europeas.
A inscripción será a través da web do Concello entre os día 11 e 27 de xullo.
Máis información en www.edu.coruna.es/
Calendario de Setembro. Curso 13-14
Exames ESO - BACHARELATO:
Premendo enrriba do curso correspondente podes acceder ao calendario de exames
1º ESO 2º ESO 3º ESO 4º ESO - 1º BACH 2º BACH
O Calendario completo podes descargalo neste enlace
Notificación das cualificacións no Taboleiro de Anuncios
ESO - BACHARELATO
BACHARELATO:
Dia 3 .......... 12:00 horas: 2º BACH .......... 13:00 horas: 1º BACH
ESO:
Dia 3 .......... 17:00 horas: 4º ESO ............ 19:00 horas: 3º ESO
Dia 4 .......... 09:00 horas: 2º ESO ............ 10:00 horas: 1º ESO
4 de SETEMBRO:
De 11:00 a 12:00 horas: Solicitude de aclaracións de cualificacións en Secretaria
12:30 horas: Aclaración de cualificacións nos Departamentos
5 de SETEMBRO:
10:00 horas: Entrega de boletíns de notas polos titores/as nas correspondentes aulas
.....................................................................................................................................................
Procedemento de Reclamación de Cualificacións: Información no taboleiro de Anuncios de Secretaria
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer