Punto Laranxa contra o acoso escolar

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE HENRIQUE RABUÑAL

 

Nesta semana voltamos ás aulas e o alumnado de 2.° de Bacharelato fíxoo do mellor feito posible, asistindo á presentación do libro "Murguía, un século despois" do escritor e profesor do centro Henrique Rabuñal.
Durante a presentación, as alumnas Sofía Tamayo e Martina Deus realizáronlle unha entrevista que verá a luz a través do noso podcast 'O Son das Aulas'. Queremos agradecer a organización desta actividade ao coordinador do equipo de biblioteca, Tono Frade, ao alumnado de 2.° de BAC e ao propio Henrique. Parabéns!
Proximamente publicaremos o podcast da entrevista.

Admisión alumnado centros non adscritos

Curso 2023-24.

 

Todo o alumnado que solicitou praza no período comprendido entre o 1 de marzo e o 20 de marzo foi admitido .

 

 

O Equipo directivo 

CIENCIA E TECNOLOXÍA NA RADIO

 

Continúa o ciclo de charlas de Ciencia e Tecnoloxía. Hai uns días visitounos Verónica Bolón, doutora e profesora da Facultade de Informática da Universidade da Coruña (UDC), e académica da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España, que impartiu a charla "Intelixencia artificial: unha cuestión de xénero" no noso salón de actos ante o alumnado de 1º e 2º BAC. Nela quixo animar ás rapazas, fundamentalmente, a optar por unha saída científica para as súas carreiras. Depois, Aldara Raso e Claudia Seivane, alumnas de 2º BAC A, fixéronlle unha entrevista na radio que xa forma parte do noso arquivo sonoro.
O programa, coma sempre, dispoñible en:

DÍA DA POESÍA - 21 DE MARZO

 

O día 21 realizamos o Roteiro da Poesía.Na actividade do Roteiro participou alumnado de 1º e de 2º da ESO do Club de lectura e do EDLG. Iniciamos o percorrido no Papagaio recitando poemas de Luísa Villalta (á beira dos que alí están expostos dela) e acompañounos a poeta Olga Patiño, quen recitou un poema que lle dedicou a Luísa Villalta; despois seguimos á Praza de España e máis tarde a María Pita, aquí recitouse o poema Lela, de Castelao; a seguir fomos á Real Academia Galega, onde Nuno García nos sorprendeu cantando un poema de Rosalía e Olga Patiño fixo referencia a Luz Pozo Garza, de quen recitou poemas; seguimos a onde estaba o antigo cárcere e a continuación fomos á casa de Rosalía de Castro, alí fixemos unha parada importante, porque se leron varios poemas. Subimos entón cara a rúa Sinagoga, onde lle demos unha sorpresa a Olga Patiño, porque varias alumnas recitaron un poema que Olga Patiño dedicou a Curros Enríquez, e especialmente recitaron nesta rúa porque aquí pasou a súa infancia a autora e constitúe un espazo moi importante para ela, emocionouse e animou ao alumnado a seguir sendo "LUZ, vós tamén sodes luz" -díxolles-. Paramos logo na Praza da Fariña e aquí recitamos os poemas que ficaban por ler, e, ademais, tivemos a sorte de que a autora recitou un poema inédito dela. Rematamos o roteiro cunha parada diante do letreiro das Irmandades da Fala na rúa da Franxa e posteriormente diante da igrexa de San Nicolás, aquí dúas alumnas leron cartas que se escribiron Rosalía de Castro e Manuel Murguia. A presentación levouna a cabo o alumno Óscar Lires.
 

EDUINSPIRA

O noso centro participa un ano máis no programa #EduEmprende. O pasado 15 de marzo tivo lugar unha charla de #EduInspira, organizada pola @camaracoruna , na que tivemos a oportunidade de coñecer a experiencia da directora da empresa Cabinas Lagos.
Participou o alumnado de 1.° curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.

ESCAPARATE TENDA DE COMPLEMENTOS

O noso escaparate é agora unha tenda de complementos, que deseñaron alumnas de 2.° curso de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer