Punto Laranxa contra o acoso escolar

Xornada de portas abertas

O martes día 3 de febreiro, ás 19 horas, terá lugar unha xornada de portas abertas para as familias do alumnado de 6º de Primaria interesadas en coñecer o centro.

 

O reino das Neves

A SEMANA DO 11 AO 16 DE XANEIRO UN GRUPIÑO DE ZALAETA ENTRAREMOS NO  REINO DAS NEVES. Imos facer un curso de esquí ou snow  en Astún, pirineo Oscense, e moverémonos por Jaca.


Non podemos viaxar sen sensibilizarnos, sen aprender,  interesémonos polo lugar e as xentes que viven onde imos...

Preme para acceder ao Reino das Neves

Claro que tamén haberá que coñecer un mínimo de vocabulario para poder falar do que imos facer. Para iso esta é a ligazón correcta: skienglish

PARABÉNS AOS GAÑADORES DO CUNCURSO DE MONÓLOGOS CÓMICOS

Os monólogos cómicos do noso alumnado arrasaron, levaron o 1º e 2º premio na única categoría na que participaron.

 

Pedro Fernández lago e Lois Rivera: 1º premio

Nacho Pena Maceda 2º premio.

A Hora do Código

Viaxe a Madrid e a Toledo

Os departamentos de Historia e Filosofía organizan unha viaxe a Madrid e a Toledo para o mes de febreiro. O número máximo de alumnas e alumnos que poderán asistir é de 23. Terá prioridade o alumnaddo de Hª da Arte,  de 2º de Bacharelato, en xeral, e de 1º de Bacharelato por esta orde.

 

Mais información no arquivo adxuntado.

Obradoiro de sensores de IGACIENCIA

Alumn@s de 4º de Tecnoloxía de 4º de ESO , de TICs e de Tecnoloxía Industrial participaron este luns día 17 no Obradoiro de sensores dentro do Programa Inventa en Galego organizado por Igaciencia

 
O alumnado de TICs tamén está a participar no concurso Inventa en galego co deseño de aplicacións móbiles.
 

De que vai o concurso?

Centrarase en experimentos con sensores con Arduino e Lego.

O mesmo grupo visitou a Fundación TIC e fixo o seu propio programa de televisión. En canto estea subido, colocaremos aquí a ligazón

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer