Punto Laranxa contra o acoso escolar

Concurso Relatos Coca Cola

O alumnado de 2º de ESO, seleccionado previamente, participou o venres 8 de abril no Concurso de Relatos de Cola Cola. Acompañounos a profesora de Lingua Castelá María Infante. 

 

 

Visita alumnado 4º ESO á RNE

O martes 5 de abril alumando de 4º de ESO que cursan a materia de Tecnoloxía , visitaron as instalacións de RNE na Coruña, acompañandos polas profesoras Mar Infante e Paz Freire.

 

 


Visita casa Emilia Pardo Bazán e RAG

O día 31 de marzo os rapaces de 4º de ESO visitaron a casa de Emilia Pardo Bazán, sede da RAG. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua castelá. Foron acompañados por María Infante e Tono Frade.

Concerto de marzo

Este é o video do concerto de alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO do pasado xoves 17 de marzo. Nel recóllense as actuacións dos diversos temas ensaiados na aula de música durante o segundo trimestre do curso ademais de iniciativas case profesionais preparadas polos alumnos en recreos e sen case ningunha intervención por parte da profesora. Parabéns para todos os participantes! Entre todos facemos que a Música exprese o que as palabras non poden....

CONCURSO EMPRENDE NO TEU BARRIO

 

 A Fundación Ronsel  (inserción sociolaboral e fomento do emprego) convocou o  primeiro concurso EMPRENDE NO TEU BARRIO  para o alumnado de ciclos formativos de  distintos Institutos da Coruña. No concurso participaron alumnos dos tres ciclos do noso instituto, quedando finalistas os tres proxectos. O total de finalistas foi de 10 de entre 94 proxectos presentados na Coruña.

Comercio Internacional: Dario Rua, Julián David y Lydis Gestal co proxecto Galikebap, KebapGalego en zona centro

Xestión de Vendas e Espazos Comerciais: Graciela Recarey e Lola Antela, co proxecto Tenda ecolóxica, venda de semillas, abonos, plantas e realización de talleres (hortos urbans) na zona de Zalaeta 

Comercio Medio:  Paloma Barcia co proxecto Local multidisciplinar para a realización de xogos, talleres e zona para perros na Zapateira

Parabens a todos

 

 

 

 

 

 

Debate Concello

                         O Departamento de Normalización Lingüística animou aos rapaces de 3º e 4º de ESO a preparar o Debate Escolar proposto polo Concello de A Coruña. Celebrouse o domingo 6 de marzo no Ágora, conseguimos o 4º posto, aprendimos e pasámolo en grande. Participaron Marta García, Marta Pernás, Cecilia Roás, e Ignacio Pena. Dirixiron a actividade Neves Amado e Tono Frade.

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer