Punto Laranxa contra o acoso escolar

GRATUÍTO: OBRADOIRO DE DEBUXO DE BANDA DESEÑADA O MÉRCORES 11 DE NOVEMBRO

Ola
DECIDIMOS POÑER O TALLER GRATUÍTO. Así non se fan diferenzas. Deste modo, a quen lle guste o debuxo ou teña interese nos cómics pode asistir sen ningún impedimento.
O profesor, Manel Cráneo, é de moi boa calidade.
Seguro que será un taller de moito proveito para os alumnos.
Reenviamos correo informando deste taller de debuxo de cómic a celebrar o próximo mércores 11 de novembro no instituto.
Animámosvos a asistir.
Veña! Animádevos!
Un saúdo
ANPA Zalaeta

Vaise celebrar o MÉRCORES 11 de novembro, de 5 a 7 da tarde no instituto.

Será, de inicio, este taller de 2 horas de duración. Poderíase facer máis adiante un curso de maior duración.

Contido:

UN PASEO ENTRE VIÑETAS CON MANEL CRÁNEO
 
Contidos:
1. Orixes e formatos do cómic como medio de expresión
2. O proceso creativo da historieta:
A. Buscar a idea e desarrollar o guión
B. Elementos propios da metalinguaxe da banda deseñada 
(globos, onomatopeias, metáforas visuais, elipse argumental, liñas cinéticas, etc)
B. Planificación da páxina
 
O obradoiro consta de exemplos gráficos a través de imaxes que o autor leva nun powerpoint
e sobre cada parte que van abordando irán facendo pequenas prácticas.
 

Podedes anotarvos na ANPA os martes de 16:30 a 18 horas ou neste correo electrónico: anpazalaetacdl@live.com

https://infograph.venngage.com/p/53370/obradoiro-de-banda-deseada-no-instituto-de-zalaeta

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer