Punto Laranxa contra o acoso escolar

Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa IV

Desde o 9 de novembro ata o 30 de novembro estará aberto o prazo para a inscrición no programa Bolsas Europa FP-Proxecto Acoreuropa IV, que permitirá que 50 titulados de ciclos medios de FP poidan facer prácticas de tres meses de duración en empresas de Reino Unido, Irlanda, Italia, Austria, Portugal e Polonia. O proxecto é desenvolto pola Concellaría de Xustiza Social e Coidados, a través do Servizo Municipal de Educación. A inscrición pode facerse a través da páxina web www.edu.coruna.es

O programa está dirixido a titulados en ciclos medios de FP y desenvolverase, ata xuño de 2017, en dúas convocatorias. A primeira, que se abre o 9 de novembro e que consta de 30 prazas, está dirixida a estudantes que remataron os seus estudos de ciclos medios de FP en xuño de 2015 ou que vaian a rematar en decembro de 2015. A segunda convocatoria, de 20 prazas, estará reservada para estudantes que titulen en xuño de 2016.

Neste sentido, para poder participar os candidatos teñen que obter o título do seu ciclo de FP en algún dos centros públicos do municipio (CIFP Anxel Casal, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES A Sardiñeira, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís, IES Calvo Sotelo, IES Fernando Wirtz ou nos centros concertados Fogar de Santa Margarida, Grande Obra de Atocha, Liceo la Paz ou Centro de Formación da Cruz Vermella, que son os centros que participan como socios no programa.

As 50 bolsas distribuense da seguinte maneira:

-              Reino Unido (Portsmouth ou Belfast): 7 prazas

-              Irlanda (Cork ou Dublín): 8 plazas

-              Italia (Roma e Florencia): 15 prazas

-              Austria (Viena): 5 prazas

-              Portugal (Lisboa): 10 prazas

-              Polonia (Cracovia): 5 prazas

As bolsas incluen todos os gastos, xa que cubren as viaxes de ida e volta, o aloxamento, un seguro de accidentes e sanitario e ademáis os participantes recibirán unha cantidade económica para a súa manutención e estadía. Esta cantidade pode oscilar aproximadamente entre os 600 e 1.000 euros mensuais, dependendo do país de destiño. O Concello tamén se encarga de organizar as viaxes, a búsqueda de aloxamentos para os participantes e a búsqueda das empresas donde farán as prácticas os seleccionados.

Máis información, en www.edu.coruna.es

 

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer