Punto Laranxa contra o acoso escolar

CURSO DE ORATORIA EN SANTIAGO sábado 29/3

Estaremos en Santiago este sábado preparándonos para ser uns bos oradores.

Iremos os dous grupos de debate:

 

1º Coordinados por Ana López Formoso:

Helena Conde

Enrique de Ron

Andrea Cruz

Fernando Ramilo.

2ºCon Almudena García:

Inés Mosquera

Antón Freire

Violeta Moreira

Francisco Miguens.

O grupo sae da estación de San  Cristóbal ás 8.25 da mañá, pasaremos toda a mañá no curso e nos quedaremos disfrutando de Santiago toda a tarde.

 

O Parlamento Xove prepárase para a súa fase final cun obradoiro de oratoria que terá lugar o vindeiro sábado no Museo Pedagóxico de Galicia. A competición de debate organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado contou nesta edición con 43 equipos e máis de 210 participantes.

Con esta actividade concluirase o programa de formación iniciado no mes de novembro. Tratarase dunha activa e participativa master class na que se alternarán relatorios de retórica con mesas redondas e análise práctica de debates. Mais nesta ocasión, dáselle a volta ás tornas. Ao contrario ca nos encontros dialécticos, non serán os alumnos de Secundaria e Bacharelato os únicos que teñan un papel activo, xa que tanto os membros do xurado -recoñecidos xornalistas, lingüistas, profesores e pedagogos- coma os docentes que coordinan os propios equipos de debate, terán que responder ás preguntas que formulen os mozos e mozas.

Un dos momentos máis especiais da xornada será o que protagonicen Beatriz Gómez, Aitor López, María González e José Carlos García -os mellores oradores da fase preliminar na categoría de Bacharelato- que nos darán a coñecer os discursos de importantes personalidades que a eles lles parecen inspiradores.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer