Punto Laranxa contra o acoso escolar

Comida de Nadal. Reencontro c@s compañeir@s

A chegada das vacacións de Nadal, deunos de novo a oportunidade de reencontrarnos cos compañeiros e compañeiras que compartiron o seu labor docente no noso centro. O seu compromiso co ensino ao longo de moitos anos deixou unha fonda pegada na súa memoria e na de todos nosoutros, polo que esta oportunidade anual de reencontro enche de gratos recordos e experiencias o dia de benvida aos dias de Nadal.

Este encontro deunos a oportunidade de agradecerlle a Lolita, a Maria e a Pascual os anos de atención e servizo prestados ao longo dos 36 anos que estiveron levando o bar do noso centro. Un emocionado e moi merecido agradecemento de todos nosoutros.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer