Organizado polo Departamento de Tecnoloxía, o alumnado de 2º e 4º da ESO e de 1º e 2º de Bacharelato esta realizando a visita guiada á exposición sobre a obra de Rafael Moneo na Fundación Barrié. Rafael Moneo é o arquitecto español de maior recoñecemento internacional, premio Pritzker de arquitectura (tamén coñecido como o Nobel de arquitectura) e a visita á exposición permítenos facer un formidable percorrido pola súa obra ao longo de 50 anos de oficio de arquitecto, ao tempo que podemos contemplar debuxos orixinais que en moi poucas ocasión temos a oportunidade de observar. Como Catedrático de Composición Arquitectónica, Rafael Moneo deixou unha fonda pegada nas xeracións de arquitectos que tiveron a oportunidade de disfrutar da súa labor académica e coñecer a súa obra, sendo un referente de como aprender da arquitectura do pasado para enfrentarse á arquitectura do presente.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer