Punto Laranxa contra o acoso escolar

Viaxe a París. Xa estamos de volta!!!


Ola!!

Parecía que non ía chegar nunca e xa pasou.

Voltamos onte pola tarde de París. Despediunos a Ville Lumière cunha boa nevada. Chegamos ó Instituto sobre as catro e media da tarde.

A viaxe foi un éxito, polo menos desde o noso punto de vista, e vistos os comentarios no autobús de volta parece que para todos.

Visitamos o Louvre, o Museo d'Orsay, subimos ó máis alto da Tour Eiffel, paseamos no Bateau Mouche, disfrutamos o Palacio de Versailles e os seus xardíns.

Tamén vivimos Montmartre e coñecimos a zona da Ópera.

Salientable a "sentada" que fixemos nos Campos Elíseos.

Espero que todos e todas o pasaran tan ben como nós.

Agradecer ó alumnado o bo comportamento, a paciencia e o ánimo constante que tiveron. As queixas polo cansancio e a dor de pés xa se esqueceron.

Máis adiante faremos reportaxe gráfica unha vez teñamos recopiladas as feitas por todos e todas.

Pois nada máis,

Merci beaucoup!! Un vrai plaisir ce voyage!!


Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer