Punto Laranxa contra o acoso escolar

Noite Bohemia Gañadora da 9º Edición dos Premios Buero Vallejo en Galiza

Cartel "El perro del Hortelano"

 

O noso grupo de teatro, gañou os premios Buero Vallejo organizados pola Fundación Coca Cola e o Ministerio de Educación en Galiza por segundo ano consecutivo.
A obra premiada foi "El perro del hortelano".
Isto dános a posibilidade de estar entre os mellores grupos autonómicos de España para ver se nos elixen para a gala final que se celebrará en Madrid entre o 4 e 12 de xullo no Teatro María Guerrero.

Á parte recibíronse mencións á mellor actriz en Galiza para Yaiza Queiruga Pastrana polo papel de Marcela en "El perro del hortelano"
e déronnos o premio á mellor adaptación de texto por "Aulularia" de Lusco e Fusco.

A gala de entrega de premios galegos sera ás 19:30 do  mércores 30 de maio na Ágora, onde se representará primeiro a obra e despois a gala de entrega de premios con actuacións variadas.

 

  • Montaxe Teatral Gañadora da Fase Autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia na categoría escolar: "El perro del hortelano", de Lope de Vega, do grupo Compañía de Teatro Noite Bohemia, do IES Ramón Menéndez Pidal.
  • Mención especial á mellor adaptación de texto na categoría escolar: "Aulularia", de Tito Macio Plauto, do grupo Compañía de Teatro Lusco e Fusco, da Coruña, do IES Ramón Menéndez Pidal.
  • Mención á mellor interpretación feminina na categoría escolar: Yaiza Queiruga Patrana, do grupo Compañía de Teatro Noite Bohemia, do IES Ramón Menéndez Pidal pola obra "El perro del hortelano", de Lope de Vega.

Ver a noticia en laopinioncoruña.es

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer