O 9 de outubro de 2023 publicáronse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, as listaxes definitivas que se acompañan coa Resolución de concesión de axudas para o pagamento de comedores escolares no curso 2023-2024. Pódense consultar en:
-
Taboleiro de edictos https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=enter&edictos=true
-
Páxina web de servizos sociais https://www.coruna.gal/serviciossociales/
-
Taboleiros dos centros cívicos municipais
Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.
Con esta publicación ábrese o prazo para a interposición do recurso potestativo de reposición que será dun mes, do 10 de outubro ao 9 de novembro, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Bolsa comedor
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer