Punto Laranxa contra o acoso escolar

ACTUALIZACIÓN CIUG

Dadas as numerosas consultas recibidas, a CIUG actualiza este texto na páxina web:

"Na ABAU de 2024, os currículos estarán determinados, salvo instrución noutro sentido, pola Lei de Educación 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio de Educación (LOMLOE), así como polo Real Decreto 423/2022, de 5 de abril, polo que se estabelecen a ordenación e as ensinanzas mínimas de bacharelato e o Decreto 157/2022, de 15 de setembro, polo que se estabelecen a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 26 de setembro de 2022).

 

Na actualidade estamos a recibir numerosas consultas sobre o formato das probas e as materias que entrarán nas probas de 2024 que non podemos resolver. Continuamos á espera de que o Ministerio publique o Real Decreto que permita resolver esas dúbidas. Manteremos informados aos centros, estudantes e familias das novidades que teñamos, e lembramos que os pasos son Ministerio, Xunta de Galicia e Universidades."

 

-- 
Un saúdo
Comisión Interuniversitaria de Galicia

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer