Punto Laranxa contra o acoso escolar

INTERCAMBIO CON HAMBURGO

 

Xa está de volta o alumnado de alemán que, xunto coa súa profesora Luisa Rodríguez, participou un ano máis no intercambio con Hamburgo.
Unha das actividades favoritas do programa de Hamburgo é a "tirolina" no bosque ("Kletterwald"), unha actividade moi divertida, que require destreza física, así coma esforzo, xestión dos propios límites e afán de superación.
O noso alumnado tamén estivo na Biblioteca do "Gymnasium Meiendorf" preparando a presentación do proxecto "Mi ciudad es tu ciudad".
Antes da festa de despedida fixeron a exposición en inglés e algún grupo atreveuse co alemán.
E sen dúbida, para lembrar a emotiva despedida no aeroporto de Hamburgo. As experiencias vividas no intercambio dan conta da relevancia das viaxes de estudo e das actividades noutros espazos e contextos, para fomentar unha actitude aberta, así coma a motivación na aprendizaxe.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer